Abrir o menú principal

Pescador de Islandia

novela de Pierre Loti

Pescador de Islandia[1] (en francés: Pêcheur d'Islande) é unha novela do escritor francés Pierre Loti que foi orixinalmente publicada en 1886. Conta a romántica mais inevitablemente triste vida dun pescador bretón que navega cada verán até as costas de Islandia na busca de bacallau. O crítico literario Edmund Gosse considerouna a "máis popular e máis fina de tódalas obras de Loti".[2]

Pescador de Islandia
Título orixinalPêcheur d'Islande
Autor/aPierre Loti
OrixeFrancia
LinguaFrancés
Xénero(s)Novela
EditorialFrancia Calmann-Lévy
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub.Francia 1886
Galicia 2014
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas260
ISBNISBN 978-84-939647-9-5
TraduciónXavier Senín

O estilo de Loti é unha mestura da escola realista francesa, como a representada por Émile Zola, e unha forma de impresionismo literario.[2]

Foi traducido ó galego por Xavier Senín[3] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2014.[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Pescador de Islandia. Traducido por Xavier Senín (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2014. ISBN 978-84-941211-8-0 – vía BiTraGa. 
  2. 2,0 2,1 Encyclopædia Britannica Eleventh Edition, "Pierre Loti", de Edmund Gosse
  3. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 22. Consultado o 26 de marzo de 2019.