Persuasión (novela)

novela de Jane Austen
(Redirección desde «Persuasion»)

Persuasión (en inglés: Persuasion) é a derradeira novela escrita por Jane Austen. Empezouna a escribir pouco tempo despois de rematar Emma, acabándoa en agosto de 1816. Austen morreu á idade de 41 anos en 1817, e Persuasión foi publicada como traballo póstumo en 1818. Persuasión está conectada coa abadía de Northanger non soamente por ser publicada xunto a esta nun só tomo dous anos máis tarde, senón tamén porque ambas as historias toman lugar en Bath, balneario no que Jane acudía naquela época.

Persuasión
Primeira páxina da edición orixinal de 1818.
Título orixinalPersuasion
Autor/aJane Austen
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
Editorial John Murray
Galicia Irmás Cartoné
Data de pub. 1818
Galicia 2017
FormatoTapas duras e brandas
ISBNISBN 978-84-945411-3-1 (gl)
TraduciónCelia Recarey
editar datos en Wikidata ]

Foi traducida ó galego por Celia Recarey[1] e foi publicado pola editorial Irmás Cartoné no ano 2017.

Sinopse editar

Na novela, Anne é a filla de Sir Walter Elliot, home vaidoso e demasiado preocupado das aparencias como para ver o que sucede á súa ao redor. Anne ten dúas irmás, Elizabeth, maior que ela pero aínda fermosa e atractiva, de carácter idéntico ó do seu pai, e Mary, menor e xa casada con Charles Musgrove. No medio destas persoas atópase Anne, cuxa idade "adecuada" para contraer matrimonio pasou, de beleza e plenitude perdida. Varios anos antes, Anne coñeceu a un oficial de mariña, Frederick Wentworth, pobre e sen ningunha perspectiva para que unha familia como a dos Elliot accedese a un matrimonio cun dos seus membros. Movida pola persuasión de Lady Russell, quen criou a Anne como unha nai pola ausencia da verdadeira, Anne vese obrigada a negarse ó seu amor e enfrontar longos anos de soidade nos cales aínda que vai perdendo a beleza crece o seu espírito e a súa intelixencia, converténdose nunha muller atractiva e bondadosa.

Porén, a escura sorte de Anne cambia cando, despois de todos eses anos aparece novamente no seu círculo social o ascendido a capitán Wentworth, enriquecido pola guerra e altamente atractivo. Aínda que nun principio o resentimento e a dor moven ó home, axiña o carácter de Anne cativarao de novo dándolle a ambos unha nova oportunidade na vida.

Notas editar

  1. Irmás Cartoné (ed.). "Persuasión, por Irmás Cartoné". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 11 de abril de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar