Perfecto López
Perfecto López, nado na Toxa (Vimianzo) o 12 de maio de 1904 e finado en Bos Aires (Arxentina) o 12 de setembro de 1970, foi un empresario galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1904 A Toxa, España |
Morte | 12 de setembro de 1970 (66 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Traxectoria
editarTraballou como xornaleiro e carboeiro na súa terra natal, onde era coñecido como O Tato da Valiña. En 1923 emigrou a Arxentina, logo de embarcar en Ferrol no vapor Marsella. Desembarcou en Bos Aires o 14 de maio dese ano, e comezou a traballar como chofer. Despois foi empregado dun ferreiro e taxista. Regresou a Galicia, e volveu a Arxentina en 1933, logo de embarcar na Coruña no vapor Monte Sarmiento e chegar a América o 20 de xaneiro de 1933. Fíxose representante e vendedor de vehículos Ford, Chrysler e Dodge, e creou un grupo de empresas nos que contratou emigrantes da comarca da Terra de Soneira.
Implicouse politicamente e colaborou coas agrupacións antifranquistas. Viaxou a Galicia coa misión de contactar cos antifranquistas do interior. Colaborou tamén con asociacións da emigración. En 1950 foi elixido presidente da Asociación ABC de Corcubión. En 1956 foi vicepresidente no primeiro Congreso da Emigración Galega. Presidiu a editorial Citania.
En 1938 casou con Gloria Romero, tamén de Vimianzo, e tiveron tres fillos.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Luis Lamela (5 de xaneiro de 2017). "Perfecto López, empresario y promotor de la unión de los emigrantes". La Voz de Galicia (en castelán).