Perfecto Abelairas Castro

practicante e político galego

Perfecto Abelairas Castro, nado en Lugo en 1907 e finado na mesma cidade o 21 de outubro de 1936, foi un practicante e político galego.

Infotaula de personaPerfecto Abelairas Castro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (28/29 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenfermeiro , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Practicante do Hospital Municipal Santa María Lugo. Foi vocal do Partido Republicano Radical Socialista, secretario de actas do Partido Republicano Gallego e secretario xeral de Izquierda Republicana de Lugo. Foi elixido compromisario para a elección do presidente da República en 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Lugo en consello de guerra acusado de traizón, foi condenado a pena de morte e multa mancomunada de 1,5 millóns de pesetas. Foi executado en Lugo o 21 de outubro de 1936 ás 18 h. con Ramón García Núñez, José Ramos López, Ángel Pérez López e Rafael de Vega Barrera.[1] Para facerlle fronte ás responsabilidades políticas embargáronlle os seus bens.[2][3]

Notas editar

  1. El Progreso, 22-10-1936, p. 1.
  2. BOP Lugo, 10-12-1936, p. 2.
  3. BOP Lugo, 30-12-1936, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar