Peregrina Martínez Santos

mestra e política galega

Peregrina Martínez Santos, nada en Pontevedra o 17 de setembro de 1914,[1] foi unha mestra e política galega.

Infotaula de personaPeregrina Martínez Santos
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1914 Editar o valor em Wikidata (109 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , política Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de Arturo Martínez Fernández. Estudo Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra rematando en 1932.[2] Foi mestra en Rouxique (Sanxenxo). Estaba afiliada ás Xuventudes Socialistas.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendida de emprego e soldo e detida o 27 de outubro. Xulgada en Pontevedra por rebelión militar, con sobresemento provisional, saíu en liberdade o 25 de outubro de 1937. Foi novamente procesada na causa 379/38 en marzo de 1938, coas súas tías Aurora, María e Nicereta Martínez Fernández (as Corseteiras) e María Fandiño Estévez, acusadas de agochar armas, pero ao non atopar probas, a causa foi sobresida. Foi depurada, co resultado de separación do servizo e baixa na escala o 11-05-1940. En 1941 abríronlle outro expediente por responsabilidades políticas, que tamén foi sobresido en 1943.

Conseguiu o reingreso no corpo en abril de 1958, pero foi sancionada co traslado fóra da provincia durante cinco anos.

Notas editar

  1. El Magisterio Español, 28-6-1934, p. 23.
  2. Vida Gallega, 30-6-1932, p. 47.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar