Período formativo de América

O período formativo ou preclásico de América, corresponde ao terceiro período da historia precolombiana de América, no que se pescaba con lanzas e non con redes de pescar e no que se divide a Prehistoria de América para efectos de estudo. Este período abrangue entre os anos 1500 a.C. e o 292. Grazas á agricultura, o home americano comezou a conformar pobos sedentarios e ao redor diso deuse a formación de sociedades máis complexas, inicialmente en Mesoamérica e nos Andes Centrais. Esta etapa é a terceira das cinco etapas nas que se divide a historia da América precolombiana propostas por Gordon Willey e Philip Phillips no seu libro de 1958 Method and Theory in American Archaeology.[1]

Amerindio hupa.

Descrición editar

O período formativo é o equivalente americano á prehistoria europea, aínda que no caso americano é un período máis dilatado. Inmediatamente nesta fase aparecen as primeiras formas de escrita e as grandes casas clásicas como a dos antigos maias ou os moche. Durante o período formativo de América consolídase a agricultura nas zonas de maior densidade de poboación, aparecen as primeiras sociedades xerarquizadas con formas de goberno máis complexas que a da aldea mononuclear. De feito, durante o formativo aparecen grandes estruturas estatais que se estenden sobre centos de quilómetros, como a civilización olmeca en Mesoamérica que chegou a dominar extensos territorios e a construír importantes centros urbanos arredor de santuarios dedicados ó Deus Xaguar.[2] Outras culturas reseñables son as dos anasazi e os seus similares (Arizona), así como os construtores de montículos de Suramérica. Hai 3 etapas de formativo: temperán, medio e superior.

Notas editar

  1. Willey, Gordon R. (1989). "Gordon Willey". En Glyn Edmund Daniel e Christopher Chippindale (eds.). The Pastmasters: Eleven Modern Pioneers of Archaeology: V. Gordon Childe, Stuart Piggott, Charles Phillips, Christopher Hawkes, Seton Lloyd, Robert J. Braidwood, Gordon R. Willey, C.J. Becker, Sigfried J. De Laet, J. Desmond Clark, D.J. Mulvaney. Nova York: Thames & Hudson. ISBN 0-500-05051-1. OCLC 19750309. 
  2. Gordon R. Willey and Philip Phillips (1957). Method and Theory in American Archaeology. University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-89888-9

Véxase tamén editar

Outros artigos editar