Pepe Iglesias

gastrónomo, escritor, hostaleiro e xornalista español

José Juan Iglesias del Castillo y Díaz de la Serna, máis coñecido como Pepe Iglesias, nado en Madrid[1] en 1955,[2] e finado o 30 de abril de 2020 en Salinas (Castrillón, Asturias)[2][3] foi un gastrónomo, escritor, hostaleiro e xornalista español.

Infotaula de personaPepe Iglesias

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalJosé Juan Iglesias del Castillo y Díaz de la Serna
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de abril de 2020 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Salinas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalVeterinaria
Actividade
Ocupacióngastrónomo, escritor, hostaleiro, xornalista
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
Véxase o texto

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Segundo el mesmo deixou dito na súa páxina web,"Enciclopedia de gastronomía",[4] naceu entre cazolas, xa que a súa nai foi unha das mellores cociñeiras do país, até o punto de que o seu pai, doutor en Medicina, consciente desas virtudes, abandonou a súa clínica e a cátedra na Facultade de Medicina de Madrid para poñer un restaurante. A pesar de non ter estudado formalmente nada relativo á hostalaría (o máis próximo foi a bromatoloxía na Facultade de Veterinaria), Pepe Iglesias desde neno foi hostaleiro.[5]

Labor como periodista gastronómico editar

Tras un accidente familiar en 1976, no que faleceron seus pais e seu irmán, Pepe Iglesias deixou os estudos de Veterinaria, e acabou dedicándose aos negocios da familia, que eran principalmente de hostalaría.[1]

Durante unha década dedicouse aos diferentes aspectos do gremio, incluso politicamente, xa que foi Secretario Xeral da Agrupación de Restaurantes de Madrid. A finais dos anos 1980, con todos os recoñecementos e premios propios desa profesión, e tamén con máis de medio cento de traballadores e todo e estrés da gran cidade, decidiu retirarse a Asturias.[2]

A principios dos anos 1980, cando España comezaba a tomar en serio a gastronomía, Iglesias iniciouse na análise sensorial a través duns cursos de cata que impartía o Departamento de Posgraduados da Escuela Técnica Superior de Ingeniería Agronómica, Alimentaria y de Biosistemas da Universidade Complutense de Madrid, de onde saíron a maioría dos catadores actuais.[5] Desde entón exerceu con rigor a crítica enogastronómica, que compaxinou cunha prolixa produción editorial e colaboracións habituais en medios de comunicación especializados como "PlanetaVino", e tamén xeneralistas, así como en Internet (posuía a web www.enciclopediadegastronomia.es).[3]

En 1990 retirouse, par ter unha vida máis tranquila á praia de Salinas, cerca de Avilés, onde ten unha casa coa súa esposa, a doutora María. Pepe é crítico de restaurantes e escritor sobre as comidas e os viños. A xente envíame moitas receitas súas, que tiran de revistas e periódicos españois.[1]

En 1991 contraeu varios compromisos serios, como a sección "Gastronomía V Centenario" na revista Club de Gourmets no ano 1992, o espazo "El Horno de Pepe Iglesias" en Radio Ribadeo da Cada COPE, as seccións "Catavinos" e "Cartas a un amigo cocinero" en El Correo Gallego e, sobre todo, o suplemento semanal de gastronomía do xornal El Progreso, un caderniño dominical de catro páxinas.[5]

Pepe Iglesias foi unha da plumas máis mordaces da gastronomía asturiana desde os anos 1990, cando comezou a colaborar nos xornais El Comerio de Xixón e La Voz de Avilés.[2]

A antropóloga cultural británica Claudia Roden, que escribe libros de cociña, dixo de Pepe Iglesias:

Estando eu con Jane Kramer, que escribía para a revista The New Yorker, e que decidíramos só uns días antes irmos a Asturias, un par de chamadas telefónicas a un amigo leváronme a Pepe, o "embaixador" da gastronomía asturiana. El gastou tempo para conducirnos polas escarpadas montañas, ao longo dos rápidos ríos e a través dos bosques dos fantasticamente fermosos Picos de Europa.
Claudia Roden, The Food of Spain.

Publicacións editar

Iglesias publicou uns vinte libros, dos cales os máis destacados son La cocina masónica un estudo sobre a cociña masónica e a historia, os rituais e as tradicións de mesa da masonaría, e Comer con vino, sobre a maridaxe da comida co viño. Porén, é máis famoso pola súa virtual Enciclopedia de Gastronomía, onde dá receitas, publica artigos e mantén chats sobre a comida e o viño.[1]

Ademais, publicou outros tantos en colaboración con outros escritores. Foi un gran divulgador do patrimonio gastronómico, especialmente da gastronomía de Asturias.[3]

Libros da súa autoría editar

  • A cociña do outono (Xerais, 1994).
  • A cociña do inverno (Xerais, 1995).
  • A cociña da primavera (Xerais, 1995).
  • A cociña do verán (Xerais, 1995).
  • La cocina de La Palloza (El Progreso, 1995).
  • La cocina de otoño (Alianza, 1996).
  • La cocina de verano (Alianza, 1997).
  • La cocina masónica (Alianza, 1997).
  • Asturias gastronónica (Madú, 2003).
  • Asturias gastronómica 2003/2004 (A.G., 2002).
  • Asturias gastronómica 2005/2006 (A.G., 2004).
  • Mis mejores escapadas de golf y gastronomía (A.G., 2006).
  • Comer con vino, maridajes de la buena mesa española (A.G., 2008).
  • La bodega en casa y sus maridajes (A.G., 2010).
  • Un vino para cada pincho, maridajes de la cocina canalla (A-G., 2012).
  • Maridajes de vinos españoles con cocinas exóticas (A.G., 2015).

Libros en colaboración con outros autores editar

  • Guía práctica de los quesos de España (1985).
  • Comer y contar (1992).
  • Elogio del curadillo (1998).
  • Elogio de la merluza del pincho (1999).
  • A pedir de boca (1999).
  • Asturias, paisajes con sabor (2001).
  • Elogio del pixín (2002).
  • La dieta del Cantábrico (cap. Vinos).
  • Quesos de España (Prólogo).
  • Guía mesas de Asturias.
  • Cofradía del sabadiego.
  • Cofradía de los Nabos.
  • Bocadillos, sándwiches y tostas (Prólogo).
  • Enoturismo en la Ribera del Duero.
  • El libro del pachucho.

Premios editar

  • 1983. Cordón de Prata da gastronomía española, Medalla de bronce da Cruz Roja Española, y Caballero de la Orden del cava Codorníu.
  • 1984. Maître de la Chaîne des Rotisseurs, Diploma del Ministerio de AA. EE. de Colombia, membro de honor do RAC de Belgique.
  • 1996. Sardina de prata de Luanco.
  • 1997. Curadillo en Cudillero e Bonito de Ouro en Candás.
  • 1998. Pluma de plata da Asociación de libreros de Gijón.
  • 2000. Premio nacional de periodismo Condado de Noreña.
  • 2006: Gourmand Cookbook Awards á guía Asturias gastronómica.
  • 2006: Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, no apartado de mellor páxina web dedicada ao mundo da gastronomía.[6]
  • 2007: Gourmand Cookbook Awards á Guía de Golf y Gastronomía.
  • 2009: Best Book on Matching Food and wine of de World a Comer con vino.
  • 2011: Gourmand Cookbook Awards a La bodega en casa.
  • 2012: Gourmand Cookbook Awards a Un vino para cada pincho, maridajes de cocina canalla.
  • 2015: Gourmand Cookbook Awards a Maridajes de vinos españoles con cocinas exóticas.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Claudia Roden (2011): The Food of Spain. Nova York, NY, USA: Harper Collins Publ. USA. ISBN 978-0-0619-6962-1.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Puga, J. M. (3 de xuño de 2020,). "Adiós a Pepe Iglesias, el gran inspirador de la cocina asturiana". El Comercio. Consultado o 24 de decembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 SeVi (3 de xuño de 2020). La Semana Vitivinícola, ed. "Fallece Pepe Iglesias, histórico divulgador enogastronómico". www.sevi.net. Consultado o 24 de decembro de 2020. 
  4. "Quiénes Somos". enciclopediadegastronomia.es (en castelán). 26 de xullo de 2016. Consultado o 24 de decembro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Enciclopedia de gastronomía".
  6. "El periodista coruñés Henrique Mariño gana el XII Premio de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro" [... En el apartado de mejor página web dedicada al mundo de la gastronomía, dotado económicamente con 1.000 euros, el ganador fue José Iglesias del Castillo, como artífice da páxina web www.pepeiglesias.net. Europapress / Galicia