Peggy Oki
Peggy Oki é unha skater, surfista, artista e activista medioambiental estadounidense.
Peggy Oki | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1956 |
Os Ánxeles | |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Nipo-americano |
Alma máter | Universidade de Califórnia en Santa Bárbara |
Ocupación | surfista, artista, ativista dos direitos animais, skatista e ativista do clima |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Comezou no skate sobre o ano 1975 co grupo Z-Boys, sendo a única rapaza e converténdose así nunha das primeiras mulleres skaters do mundo. Estudou bioloxía medioambiental e obtivo unha licenciatura de arte en pintura pola Universidade de California. Hoxe en día, segue involucrada en varias actividades como o ioga, o skate, a escalada e o surf.
Ten viaxado a multitude de países como surfista e tamén como activista, entre os que se contan Fidxi, México, Suráfrica, Polinesia Francesa, Indonesia, Xapón, Tonga, Hawai, Nova Zelandia, Australia e Costa Rica.
Tamén participou no filme documental Dogtown and Z-Boys, no que se narra a historia dos Z-Boys e a súa influencia na cultura da patinaxe. No 2005, Oki e o resto dos Z-Boys foron novamente obxecto da gravación dun filme sobre as súas vidas chamado Lords of Dogtown.