Pedro Varela Ulloa

terratenente e político galego

Pedro Benito José Sánchez Varela Ulloa Noguerol, nado en Vilareda (Palas de Rei) o 9 de xaneiro de 1737 e finado en Aranjuez o 10 de xuño de 1797, foi un político galego.

Pedro Varela Ulloa
Nacemento9 de xaneiro de 1737
Lugar de nacementoVilareda
Falecemento10 de xuño de 1797
Lugar de falecementoAranjuez
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Pedro Antonio Joseph Ventura Sánchez Varela Ulloa, comisario de provincia de Mariña en Pontevedra, e Teresa Noguerol Varela. Foi subdelegado da Xunta Xeral do Comercio e Moeda de Pontevedra. En 1795 era conselleiro de Estado, sendo ministro gobernador do Consello de Indias. O rei Carlos IV nomeouno, logo de desempeñar o cargo de secretario de Mariña durante os anos de 1795 e 1796, secretario de Estado e do despacho universal de Facenda o 28 de outubro de 1796. Permaneceu no posto ata o momento do seu pasamento, acontecido o 10 de xuño de 1797. Foi membro da Real Academia da Historia dende 1782, acadando o cargo de Tesoureiro; cabaleiro da Real e distinguida Orde de Carlos III; do Consello da Súa Maxestade; e membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.

Vida persoalEditar

Casou en Madrid coa súa sobriña María Escolástica Flórez Varela, filla de súa irmá Vicenta.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar