Abrir o menú principal

Pedro Tertuliano Hervella Nieto

xornalista e escritor galego

Pedro Tertuliano Hervella Nieto, nado na Rúa o 23 de marzo de 1891 e finado no Barco o 27 de agosto de 1970, foi un xornalista e escritor galego.

Pedro Tertuliano Hervella Nieto
Pedro Tertuliano Hervella Nieto 1929.jpg
Nacemento23 de marzo de 1891
 A Rúa
Falecemento27 de agosto de 1970
 O Barco de Valdeorras
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
PaiAntonio Hervella Ferreira
FillosAntonio Hervella Martínez
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Antonio Hervella Ferreira. Estudou o bacharelato no instituto de Valladolid. Estudou Dereito na Universidade Central, licenciándose en 1913. Exerceu como avogado no partido xudicial do Barco. Colaborou en revistas xurídicas (Astrea e Revista de Legislación y Jurisprudencia), no periódico Sil do Barco, en Aquiana de Ponferrada e foi correspondente de Ideal de Madrid (1912) onde asinaba co pseudónimo Fray Marcelo, Correo de Galicia, El Noroeste (1922) e Vida Gallega. Foi director e intérprete de obras teatrais representadas no Liceo Artesano (1911) e Círculo Católico de Obreros do Barco (1916).[1]

RecoñecementosEditar

En 1980 o Instituto de Estudos Valdeorreses elixiuno como primeiro Valdeorrés Ilustre. A sección de historia do IEV creou un premio de investigación que leva o seu nome.

NotasEditar

  1. "Pedro Tertuliano Hervella, pionero de investigadores", La Voz de Galicia, 11-3-1989, p. 29

Véxase taménEditar