Pedro Rodríguez Álvarez

balonmanista galego

Pedro Rodríguez Álvarez, nado en Vigo o 22 de agosto de 1990, é un xogador de balonmán galego, nacionalizado húngaro, que xoga como extremo dereito no Tatabánya KC e na selección húngara.

Infotaula de personaPedro Rodríguez Álvarez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1990 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbalonmanista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Deportebalonmán Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Deporte base
- Balonmán Seis do Nadal-Coia
-2008 Sociedad Deportiva Octavio Editar o valor em Wikidata
  Equipo enllaç= enllaç=
2007-2008 Sociedad Deportiva Octavio 7(3)
2008-2011 BM Ciudad Encantada 75(125)
2011-2016 CB Ciudad de Logroño (pt) Traducir 135(424)
2016-2019 SC Pick Szeged
2019-2022 Balatonfüredi KSE (en) Traducir
2022- Tatabánya-Carbonex KC (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç=
2015-2016   España 3(4)
2021- Selección de balonmán de Hungría 34(93) Editar o valor em Wikidata

Instagram: pedrorodriguezz26 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Comezou a xogar ao balonmán no seu Vigo natal, nas filas do Seis do Nadal, en Coia, de onde pasou máis tarde ao Academia Octavio.[1] Na tempada 2007/08, con 17 anos, debutou co primeiro equipo do club vigués na Liga ASOBAL, nun partido ante o BM Ciudad Real, anotándolle tres goles ao histórico gardameta José Javier Hombrados.[2]

No verán de 2008 puxo rumbo a Cuenca, onde fichou polo BM Ciudad Encantada, no que xogou durante tres anos.[3] En 2011 converteuse en novo xogador do Naturhouse La Rioja. Militou cinco anos no club de Logroño, co que conseguiu tres subcampionatos de liga e debutou na Copa EHF e na Liga de Campións da EHF.

No verán de 2016, instalouse en Hungría e fichou polo MOL-Pick Szeged.[4] Con este club gañou a liga húngara na tempada 2017/18 e a Copa de Hungría na 2018/19. A continuación xogou tres anos no Balatonfüredi KSE,[5] antes de fichar en 2022 polo Tatabánya KC.[6]

Selección nacional

editar

O 7 de novembro de 2015 debutou coa selección española ante Suecia nun torneo preparatorio en Polonia.[7] Con todo, a dura competencia no seu posto fixo que apenas contase con oportunidades na selección española.

En 2020, despois de catro anos vivindo en Hungría, obtivo a nacionalidade húngara e pouco despois foi convocado pola selección maxiar, coa que debutou en 2021.[8] Disputou o Campionato do Mundo dese ano, marcando sete goles, e o Campionato Europeo de 2022, anotando 9 tantos.[9][10] Participou tamén no Mundial de 2023, no que marcou 21 goles ás ordes do seleccionador palentino Chema Rodríguez, e viaxou como reserva aos Xogos Olímpicos de París 2024.[11]

  1. "Pedro Rodríguez, el gallego que se viste con la equipación de Hungría" (en castelán). 26 de xullo de 2024. Consultado o 26 de xullo de 2024. 
  2. "El Octavio tuteó al Ciudad Real en el primer tiempo y acabó a su merced". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de novembro de 2007. Consultado o 26 de xullo de 2024. 
  3. "Duelo entre los extremos que más cerca estuvieron" (en castelán). 24 de marzo de 2010. Consultado o 26 de xullo de 2024. 
  4. "Férfi kézi: spanyol válogatott szélsőt igazolt a Szeged" (en húngaro). 15 de febreiro de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2024. 
  5. "Férfi kézi NB I: szegedi szélsővel erősít a Balatonfüred" (en húngaro). 18 de marzo de 2019. Consultado o 26 de xullo de 2024. 
  6. "Pedro Rodríguez ficha por el Tatabanya húngaro" (en castelán). 19 de abril de 2022. Consultado o 26 de xullo de 2024. 
  7. "Pedro Rodríguez debuta con España con victoria". Faro de Vigo (en castelán). 8 de novembro de 2015. Consultado o 26 de xullo de 2024. 
  8. "Pedrót büszkeséggel és felelősséggel tölti el a magyar válogatottság" (en húngaro). 27 de decembro de 2020. Consultado o 26 de xullo de 2024. 
  9. "Rekordot jelentő magyar gólzápor Uruguay ellen a világbajnokságon" (en húngaro). 17 de xaneiro de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2024. 
  10. "Végleges a magyar férfi kézilabda-válogatott Eb-kerete" (en húngaro). 8 de xaneiro de 2022. Consultado o 26 de xullo de 2024. 
  11. "A férfi olimpiai keret" (en húngaro). 5 de xullo de 2024. Consultado o 26 de xullo de 2024.