O Club Balonmano Ciudad Real foi un equipo de balonmán da cidade de Cidade Real, Castela-A Mancha (España). As súas orixes remóntanse ao ano 1981, e constituíuse formalmente en 1983 co nome de Agrupación Deportiva Cultural Caserío Vigón. Foi un dos clubs máis laureados de España e de Europa. Debido á falta de apoios institucionais e de afeccionados, o equipo trasladouse a Madrid co nome de Club Balonmano Atlético de Madrid en 2011. Dende 2003 ata o seu traslado á capital española o club xogou no Quijote Arena, un pavillón con capacidade para 5 863 espectadores.

Balonmano Ciudad Real
Os xogadores e o adestrador, Talant Dujshebaev, durante un tempo morto nun partido.
Nome completoAgrupación Deportiva Cultural Ciudad Real
CidadeCidade Real, España España
Historia1981-2011
Fundado1981
Disolto2011
PavillónQuijote Arena (5 863 espectadores)
PresidenteEspaña Domingo Díaz de Mera
AdestradorEspaña Talant Dujshebaev
Títulos
Copa de Europa2005-06, 2007-08 e 2008-09
Supercopa de Europa2005-06, 2006-07 e 2008-09
Recopa de Europa2001-02 e 2002-03
Liga ASOBAL2003-04, 2006-07, 2007-08, 2008-09 e 2009-10
Copa do Rei2002-03 e 2007-08
Copa ASOBAL2003-04, 2004-05, 2005-06, 2006-07 e 2007-08
Supercopa de España2004-05, 2007-08 e 2010-11
Mundial de Clubs2006-07 e 2009-10
Cores          Negro e branco
Na rede
http://www.bmciudadreal.es
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Local
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Visitante

A nivel nacional participou na Liga ASOBAL (nome que recibe a máxima categoría do balonmán español) durante 19 tempadas consecutivas, dende o seu ascenso na tempada 1992-93 ata a súa desaparición logo da tempada 2010-11. Ao longo da súa historia gañou o título de liga en cinco ocasións (2003-04, 2006-07, 2007-08, 2008-09 e 2009-10). Ademais adxudicouse outros títulos nacionais como as súas dúas Copas do Rei (2002-03 e 2007-08), cinco Copas ASOBAL (2003-04, 2004-05, 2005-06, 2006-07 e 2007-08) e tres Supercopa de España (2004-05, 2007-08 e 2010-11). A nivel internacional conquistou en tres ocasións a máxima competición europea de balonmán entre clubs, a Liga de Campións, así como dúas Recopas de Europa e tres Supercopas de Europa, ou os dous títulos do Campionato Mundial de Clubs.

Historia editar

Antecedentes editar

As orixes do club remóntanse á tempada 1980-81 cando a base e a canteira do Colegio Ntra. Sra. del Prado (Marianistas) procuraba axudas para as súas actividades deportivas arredor do balonmán, converténdose no principal foco de desenvolvemento co balonmán en Cidade Real. Nesa época, a empresa Espumosos Vigón colaborou con material deportivo ao colexio, que participaba baixo o nome de CB Prado. Nas tempadas 1981-82 e 1982-83 mantívose a colaboración de xeito similar, obtendo os títulos de campións provinciais xuvenís. Deste xeito iniciouse a relación que levou á creación do club e a participar na categoría sénior.

O 2 de xullo de 1983 fundouse a Agrupación Deportiva Cultural Caserio Vigón logo de aprobar a súa inscrición no rexistro, que albergaba varias seccións deportivas. É xa que logo, a tempada 1983-84 a oficial na que se inicia a historia do club, que na categoría sénior conseguiu o campionato provincial e o ascenso a Terceira División.

Ascenso e consolidación na División de Honra (1983-1998) editar

Logo de tres intentos consecutivos de ascenso infrutuosos nos anos 1989, 1990 e 1991, na tempada 1991-92 chegaba o ansiado ascenso á División de Honra na fase de ascenso celebrada ese ano na cidade manchega. Este foi un momento de ouro na historia do club, o punto de partida dos éxitos posteriores. Miguel Cobo Serrano presidiu o club dende a súa fundación ata a tempada do ascenso.

O período entre 1993 e 1998 foi unha etapa de altos e baixos ata que o club conseguiu a súa consolidación entre os mellores. O trauma do descenso na primeira tempada do club na ASOBAL (1992-93) superouse coa recuperación do dereito deportivo a participar, ante as dificultades que non puideron superar outros clubs. A necesidade de novos trocos para adaptarse ás exixencias da elite motivou un novo deseño na estrutura do club que, como primeiro paso, supuxo o troco do seu nome á nova denominación A.D.C. BM. Ciudad Real o 14 de xuño de 1993 baixo a presidencia de Felipe Caballero. Reiniciouse así, coa nova denominación, e o patrocinio de Seguros Solís, o retorno á Liga ASOBAL, categoría na que participa dende aquela.

Na tempada 1994-95 o equipo clasificouse por primeira vez para disputar a Copa do Rei, na tempada seguinte (1995-96) clasificouse para xogar a Copa ASOBAL e na tempada 1998-99 chegou a súa primeira clasificación para xogar nunha competición europea, a City Cup logo de finalizar a liga na cuarta posición e culminaba o proceso de City-Cup foi a antesala do gran cambio que se anunciaba para o club.

A época dourada editar

Coa chegada á presidencia de Domingo Díaz de Mera acelérase e afiánzase o proxecto, abrindo a vía cara aos éxitos deportivos. Unha reorganización interna do club na dobre orientación organizativa e deportiva acelérase con novas incorporacións que fortalecen ámbalas dúas facetas e incorporáronse expertos en xestión deportiva, ademais de que os patrocinadores permitiron intensificar os esforzos para que o club puidera fichar a xogadores de primeiro nivel.

A modernización do club levou ao equipo ao plano internacional, presentándose con solvencia ás competicións europeas. Construíuse un equipo con perspectiva de futuro ao tempo que se axusta á exixencia do grupo feito para gañar en tódalas competicións.

É na tempada 2001-02 cando o equipo consegue o seu primeiro título, a Recopa de Europa, que abriu o camiño a tódolos títulos posibles, tanto a nivel estatal como internacional, así como abría a porta a participación noutras competicións.

Na tempada 2003-04 inaugurouse o Quixote Arena, o que evidencia o crecemento e a consolidación do club. Ese mesmo ano o equipo conquista a súa primeira Liga e o dereito a competir na Liga de Campións, a máxima competición europea e que gañaría por primeira vez na tempada 2005-06.

A sucesión de éxitos deportivos nos inicios do S. XXI supúxolle a consideración de mellor club de Europa na clasificación de resultados deportivos pola revista Handball Woche, a máis prestixiosa do balonmán europeo, en varias tempadas.

Na tempada 2007-08 chegou a consagración definitiva do club manchego coa consecución dos cinco títulos (Liga, Copa do Rei, Copa ASOBAL, Supercopa de España e Copa de Europa). O equipo conseguiu nunha década tres Copas de Europa (dúas de xeito consecutivo), e tres ligas consecutivas, ademais das tres Supercopas de Europa.

2010, o ano da liga perfecta editar

A tempada 2009-10 é coñecida polos seareiros como a da Liga perfecta., xa que o equipo de Cidade Real conseguiu pechar a tempada con 60 puntos en 30 xornadas sen ningunha derrota nin ningún empate para conseguir a súa quinta Liga (cuarta consecutiva) e gañando o seu segundo Campionato Mundial de Clubs en Qatar.

Palmarés editar

  • Campión: 2003-04, 2006-07, 2007-08, 2008-09 e 2009-10
  • Subcampión: 2002-03, 2004-05 e 2005-06
  • Campión: 2002-03 e 2007-08
  • Subcampión: 2000-01, 2003-04, 2005-06 e 2008-09
  • Campión: 2004-05, 2007-08 e 2010-11
  • Subcampión: 2003-04, 2008-09 e 2009-10
  • Campión: 2003-04, 2004-05, 2005-06, 2006-07 e 2007-08
  • Subcampión: 2009-10
  • Campión: 2005-06, 2007-08 e 2008-09
  • Subcampión: 2004-05 e 2010-11
  • Campión: 2001-02 e 2002-03
  • Campión: 2005-06, 2006-07 e 2008-09
  • Subcampión: 1998-99
  • Campión: 2006-07 e 2009-10

Pavillón editar

 
O Quijote Arena.

Dende 2003, o BM Ciudad Real xogou os seus partidos como local no Quijote Arena, un pavillón construído polo Concello de Cidade Real. A moderna instalación, con capacidade para case 6 000 persoas, foi o única de España construído expresamente para xogar ao balonmán. O ano do traslado do equipo a Madrid foi empregado unicamente para adestramentos do Atlético de Madrid e partidos de categorías inferiores.[1]

Cadro de xogadores 2010-2011 editar

  • Adestrador
  • 1   José Javier Hombrados
  • 5   Jonas Kallman
  • 6   Isaías Guardiola
  • 8   Egor Evdokimov
  • 11   Ignacio Plaza
  • 12  Antonio Carreño
  • 13   Julen Aguinagalde
  • 14   David Davis Cámara|David Davis
  • 15   Roberto García Parrondo
 
  • 16   Arpad Šterbik
  • 18   Luc Abaló
  • 19   Juanjo Fernández
  • 20   Chema Rodríguez
  • 21   Joan Cañellas
  • 22   Mariusz Jurkiewicz
  • 24   Alberto Entrerríos
  • 25   Viran Morros
  • 33   Didier Dinart
  • 77   Kiril Lazarov

Xogadores históricos editar

Adestradores históricos editar

Notas editar

  1. Castro, Marta (7 de xullo de 2012). "Ciudad Real se sacude las ganas de balonmano". El País (en castelán). Consultado o 11 de decembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar