Francisco Pedro dos Santos Oom do Vale, nado en Santarém o 24 de xuño de 1926 e finado en Lisboa o 26 de abril de 1974, foi un escritor e poeta surrealista portugués.[1] Inicialmente ligado ao neo-realismo, ingresou, ao final da década dos 40, na corrente surrealista, participando das actividades do Grupo Surrealista de Lisboa e tamén do anti-grupo "Os Surrealistas". Foi o mentor da teoría do Abjeccionismo, redactando en 1949 o Manifesto Abjeccionista, texto que se perdeu.

Infotaula de personaPedro Oom
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1926 Editar o valor em Wikidata
Santarém, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte26 de abril de 1974 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aos 2 anos acompañou a familia na súa mudanza para Setúbal e a partir dos 11 fixouse na cidade de Lisboa. Frustrou o desexo que tiña seu pai de velo ingresar no Colexio Militar ao entrar na Escola de Artes Decorativas António Arroio, onde coñeceu a Júlio Pomar, Vespeira, Mário Cesariny, Cruceiro Seixas e outros. Oom, inicialmente ligado ao neo-realismo, adheriuse, ao final da década dos 40, ao surrealismo, movemento que o definiría mentres poeta.

Aos 24 anos, tornouse funcionario público no INE, afastándose de toda a actividade artística e literaria ligada ao surrealismo. Dedicouse, mentres, con entusiasmo, ao xadrez, modalidade na cal se distinguiu.

Morreu o día 26 de abril de 1974, polas dúas e trinta da tarde, no Restaurante “13” cando, con algúns amigos, festexaba os acontecementos da véspera.

Segundo José Jorge Letria, Pedro Oom faleceu o día 30 de abril de 1974, "fulminado por un ataque cardíaco", no aeroporto da Portela, no regreso do exilio en París de José Mário Branco, Luís Cília e Álvaro Cunhal: "Un poeta surrealista acabara de morrer, na hora da celebración do regreso dos exiliados á patria reconciliada coa liberdade e coa promesa dun futuro democrático", escribiu José Jorge Letria.[2] O corazón de Pedro non aturou tanta alegría.[3]

Pedro Oom que tiña conñecemento das reunións preparatorias do golpe militar do 25 de abril, tiña proxectado con outros camaradas vivir nunha comuna e seren auto-suficientes, chegando a visitar terreos no Ribatejo.[4]

Os poemas de Pedro Oom están impregnados dunha ironía insólita, por veces cun toque de humor (pode verse polos títulos escollidos para algúns dos poemas), demostrando unha preocupación polo estado de cousas dun Portugal en constante mudanza e por veces sen esperanz, e mostrando as xentes e os seus vicios.[5] A súa obra literaria, ficou dispersa por xornais e revistas, entre as cales a revista Pirâmide (1959-1960).[6] Só en 1980 foi reunida e publicada postumamente nos dous volumes de Actuação Escrita (Editora &etc, 1980).

Notas editar

  1. joaompmachado (2016-06-24). "A Viagem dos ArgonautasPEDRO OOM NASCEU HÁ 90 ANOS – por Carlos Loures". A Viagem dos Argonautas (en portugués). Consultado o 2020-10-08. 
  2. Letria, Jorge José (2013). E todo era posíbel. Clube do Autor. 
  3. "Clube dos Poetas Imortais: Pedro Oom (1926-1974)". Aventar (en portugués). 2009-11-29. Consultado o 2020-10-08. 
  4. Varzeano, José (quarta-feira, 15 de janeiro de 2014). "Correio das Lembranças: Pedro Oom". Correio das Lembranças (en portugués). Consultado o 2020-10-08. 
  5. "Biografia - Pedro Oom". escritas.org. Consultado o 2020-10-08. 
  6. Daniel Pires (1999). "Ficha histórica: Pirâmide : antologia (1959-1960)" (PDF). Consultado o 20 de marzo de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Bibliografía editar

  • Mário-Henrique Leiria, Pedro Oom e António Maria Lisboa (2013). Três Poetas do Surrealismo. Lisboa: Biblioteca Nacional.