Abrir o menú principal

Pedro Manuel Colón de Portugal, nado en Madrid o 25 de decembro de 1651 e finado na mesma cidade o 9 de setembro de 1710, foi un nobre e home de estado español que desempeñou diversos postos de responsabilidade durante os reinados de Carlos II e Filipe V.

Pedro Manuel Colón de Portugal
Retrato de Pedro Manuel Colon de Portugal y De la Cueva.jpg
Nacemento25 de decembro de 1651
 Madrid
Falecemento9 de setembro de 1710
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónexplorador e militar
PaiPedro Nuño Colón de Portugal, 6th Duke of Veragua
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi fillo primoxénito de Pedro Nuño Colón de Portugal y Castro, que morreu sendo vicerrei de Nova España, e de Isabel de la Cueva, filla do duque de Alburquerque Francisco III Fernández da Cueva, que foi vicerrei de Cataluña e de Sicilia. Á morte do seu pai, ocorrida en 1673, herdou os títulos de Grande de España, Almirante de Indias, duque de Veragua e da Veiga, marqués de Villamizar e de Xamaica, aínda que non gozou o señorío deste último por ser tomada a illa polos ingleses en 1656. En 1675 recibiu a orde do Vélaro de Ouro.[1]

Serviu como mestre de campo nos terzos de Flandres e posteriormente como xeneral da cabalería do Milanesado. Entre 1677-79 foi Capitán Xeneral de Galicia, entre 1679-80 vicerrei de Valencia; de alí pasou a capitán xeneral das galeras de España, e de 1696 a 1701 desempeñou o vicerreinado de Sicilia.[2]

En 1699 foi nomeado membro do Consello de Estado de Carlos II, e xa de regreso en España presidente do Consello de Órdenes en 1703,[3] cuxo cargo obrigoulle a renunciar ao Vélaro de Ouro para recibir o hábito da Orde de Santiago. Máis tarde foi presidente do Consello de Italia.[4]

NotasEditar