Pedro Madeira

cantante portugués

Pedro Madeira é un cantante portugués nado en Vendas Novas, no distrito de Évora, en Portugal. Pedro Madeira venceu na preselección nacional para representar a Portugal no Festival de Eurovisión Júnior 2006 en Romanía coa canción "Deixa-me sentir". Ademais de cantar, Pedro tamén toca o piano e a viola, e é o compositor da maioría dos seus temas. En 2007, lanzou o seu primeiro álbum, Dá-me a tua mão, e xa en 2008 comezou o súa primeira xira por Portugal.

Pedro Madeira
Nome completoPedro Alexandre Gomes Madeira
AliasPM, Onze
Data nacemento11 de novembro de 1992 (31 anos)
Nado enVendas Novas, Évora, Portugal Portugal
OcupaciónCantante, compositor
XéneroPop, hip hop, Balada
Instrumento(s)Voz, Guitarra, Piano
Tempo en activo2006 - actualidade
Na rede
www.pedromadeira.com.pt
IMDB: nm2485918 Spotify: 2Ns8R69FXNStSmeEDnAIMD Musicbrainz: 0548e267-ddd1-4736-92f4-ccdec4d8dd61 Discogs: 815446 Genius: Pedro-madeira Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

1992-06: Inicio editar

Pedro Madeira naceu o 11 de novembro de 1992 e é natural de Vendas Novas. Fillo de mestres, dende cedo demostrou unha forte vertente musical que ten expresado nas clasesde piano, o seu instrumento principal, e no coro Oficina do Canto de Montemor-o-Novo, do cal foi integrante durante dous anos.

2006: Festival da Eurovisión Júnior editar

A súa primeira oportunidade no mundo da música xurdiu en 2006, coa posibilidade de participar no Festival de Eurovisión Júnior 2006. Nesa época comezou a compoñer, xunto cun profesor, a música coa que saíu vencedor, “Deixa-me sentir”. Nese mesmo ano, o 2 de decembro, representou a Portugal en Romanía, país anfitrión do Festival de Eurovisión Júnior 2006.

2007-09: Dá-me a tua mão e Viagem editar

Após o Festival de Eurovisión Júnior 2006, Vidisco e a RTP lanzaron o primeiro álbum de Pedro Madeira, Dá-me a tua mão, que incluía a canción "Deixa-me sentir". O álbum incluía cancións propias compostas por el e versións doutras cancións.

En 2009, lánzase o primeiro EP do cantante, Viagem, no que aparecía por primeira vez a canción "Descobre-me", un dos seus éxitos máis importantes. Este EP daría lugar ao segundo álbum do cantante no 2012.

2012-15: Onze e De Lisboa para ti editar

En febreiro de 2012, Pedro Madeira lanza Onze, o seu segundo álbum de estudio, que inclúe a canción de Viagem "Descobre-me" e catro sinxelos máis.

O domingo 12 de outubro de 2014 sale o terceiro álbum, titulado De Lisboa para ti. A partir da saída do álbum, iniciou unha xira que percorreu Portugal, Madeira e Angola.[1]

O 24 de abril de 2015 foi unha das actuacións do Especial 22º Aniversario da TVI de Portugal.[2]

2016-actualidade editar

A finais de setembro de 2016 lanza un sinxelo totalmente diferente, cun estilo máis Pop chamado "Há Mais Em Ti", seguido doutro chamada "Mas eu não vou", mais sen novas dun novo álbum.

En setembro de 2018 a RTP anuncia que Pedro Madera formará parte do xurado de 'Juniores', a pre-selección de Portugal para o Festival de Eurovisión Júnior 2018.[3]

Discografía editar

Álbums editar

Título Detalles do álbum
Dá-me a tua mão
  • Data de lanzamento: 17 de outubro de 2007
  • Selo: Vidisco
  • Formato: CD, Dixital[4]
Viagem
  • Data de lanzamento: 2009
  • Selo: Vidisco
  • Formato: CD
Onze
  • Data de lanzamento: febreiro de 2012
  • Selo: Nucafe Records
  • Formato: CD, Dixital[5]
De Lisboa para ti
  • Data de lanzamento: 12 de outubro de 2014
  • Selo: Jadaugy Records
  • Formato: CD, Dixital[6]

Sinxelos editar

Ano Sinxelo Álbum
2006 Deixa-me sentir "Dá-me a tua mão"
2009 Descobre-me "Viagem"
2010 Tempo para viver "Onze"
2012 Inflamável
Dueto
O Rapaz do Piano
2013 A Lenda "De Lisboa para ti"
Aprendiz
2014 LX
2015 Relógio
2016 Há Mais Em Ti
2017 Mas Eu Não Vou

Notas editar

  1. Instagram (ed.). "Instagram do Pedro Madeira". Consultado o 4 de xuño de 2015. 
  2. "Pedro Madeira amanhã no aniversário da TVI". Consultado o 4 de xuño de 2015. 
  3. "Portugal: Pedro Madeira Featured on Juniores de Portugal Jury Panel" (en inglés). Consultado o 25 de setembro de 2018. 
  4. [1] Dá-me a tua mão na iTunes Store
  5. [2] Onze na iTunes Store
  6. [3] De Lisboa para ti na iTunes Store
Predecesor:
-
 
Portugal no Festival de Eurovisión Júnior

2006
Sucesor:
"Só quero é cantar"
Jorge Leiria