Pedro Fernández Núñez
Pedro Fernández Núñez, nado en Campobecerros (Castrelo do Val) o 20 de decembro de 1945 é un empresario, economista e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de decembro de 1945 (78 anos) Campobecerros, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Economía |
Educación | Universidade do País Vasco |
Actividade | |
Ocupación | escritor , economista |
Xénero artístico | Ensaio |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Estudou economía en Bilbao, na Universidade do País Vasco. Ingresou por oposición no Corpo de Economistas AlSS do Estado e ocupou varios cargos como funcionario público, no Goberno Civil de Pontevedra, Autoridade Portuaria de Vigo e Ministerio do Interior. Deu clase en varios centros oficiais de Vigo como profesor de economía: no Instituto de Ensino Medio, Estudos Empresariais, Relacións Laborais e foi profesor universitario durante máis de 30 anos. Comentarista económico na cadea COPE e na Televisión Española. Asesor fiscal e empresario, ademais de articulista sobre temas económicos en Atlántico Diario e Faro de Vigo. Tras a publicación do seu ensaio, Galicia, viaxe ó pasado (2001), en 2017 publicou a súa primeira obra de ficción, Maestro de Campobecerros.
Obras editar
Ensaio editar
- Galicia, viaxe ó pasado, 2001, Deputación de Pontevedra.
Narrativa editar
- Maestro de Campobecerros, 2017, Ed. Cardeñoso.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Pedro Fernández Núñez na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Blog do autor
- Web persoal