Pedro Calvo Camina

xuíz español


Pedro Calvo Camina, nado en Meneses de Campos o 7 de xuño de 1855 e finado en Madrid o 11 de abril de 1937, foi un xuíz español.

Infotaula de personaPedro Calvo Camina
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1855 Editar o valor em Wikidata
Meneses de Campos, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de abril de 1937 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Maxistrado Province Court of Zaragoza (en) Traducir
1909 – 1913 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valladolid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxuíz Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElisa Sotelo Lafuente Editar o valor em Wikidata
FillosJosé Calvo Sotelo, Luis Calvo Sotelo (pt) Traducir, Leopoldo Calvo Sotelo, Joaquín Calvo Sotelo, María del Pilar Calvo Sotelo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Calvo-137

Traxectoria editar

Naceu na rúa de En Medio, que actualmente leva o seu nome. Fillo de Gregorio Calvo Herrera (natural de Villerías de Campos) e de Tomasa Camina Andrés, de Meneses. Foi bautizado na igrexa parroquial da Nosa Señora do Tovar, sendo apadriñado polo seu tío Joaquín Camina e a súa irmá Dionisia Calvo. O tío, sacerdote, fíxose cargo del ao quedar orfo.

En 1877 licenciouse en Dereito Civil e Canónico na Universidade de Valladolid. En 1879 abriu despacho en Peñaranda de Bracamonte (provincia de Salamanca), onde exerceu de xuíz municipal de 1881 a 1883, e pasou a ser xuíz de primeira instancia e instrución. En 1885 aprobou oposicións como maxistrado. O 7 de outubro dese ano foi nomeado vicesecretario da Audiencia de Bilbao, e en xuño de 1886 tomou posesión do xulgado de primeira instancia de Castropol. Dous meses despois foi destinado a Luarca. En 1889 conseguiu praza como titular no xulgado de primeira instancia e instrución de Lucena (provincia de Córdoba), e ese mesmo ano foille asignado o xulgado de Tui.

En 1897 pediu o traslado a Avilés, mais foi destinado a León. O 12 de xaneiro de 1900 foi destinado á Coruña, onde en 1901 instruíu unha orde de busca e captura contra Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga[1]. Entre 1909 e 1913 foi Maxistrado da Audiencia de Zaragoza. O 13 de xaneiro de 1913 foi nomeado presidente do Tribunal Industrial de Madrid, e en 1917 Presidente da Sala de Audiencia de Sevilla, se ben nese mesmo ano foi nomeado Fiscal do contencioso do Tribunal Supremo de España. En 1924 foi designado presidente da Audiencia Provincial de Madrid. Xubilouse o 10 de xuño de 1925. En 1924 foi nomeado fillo predilecto da súa vila natal.

Obra editar

  • La instancia única en lo civil y en la organización de los tribunales.
  • Comentario a la ley de Tribunales industriales de 22 de julio de 1912 con las disposiciones de carácter sustantivo y adjetivo que la complementan (Madrid, Librería V. Suárez, 1917)

Vida persoal editar

Casou o 29 de xaneiro de 1887 con Elisa Sotelo Lafuente, de Ribadeo. Foron pais de José (1893-1936), Leopoldo (1894-1933) e Joaquín Calvo Sotelo (1905-1993).

Notas editar

  1. de Gabriel, N. (2008): Marcela e Elisa. Alén dos homes. Ed. Nigra Trea.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar