Coordenadas: 43°02′15.7″N 8°56′49″O / 43.037694, -8.94694A Pedra Vixía é un monumento megalítico situado na parroquia de Lamas, no concello de Zas. Forma parte do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Descrición

editar

Esta anta atópase inserida nunha mámoa circular que mide arredor de 15 metros de diámetro. A estrutura está moi alterada e en moi malas condicións. Así, nove dos once esteos foron desprazados na década de 1950 por un veciño que aproveitou as pedras para a cimentación da súa vivenda. Semella que a cámara é de tipo poligonal tendente ao círculo e que o corredor de acceso mira cara ao leste. Conserva dous esteos na cuberta. O que fora a pedra cobertora concrétase nun bloque granítico rectangular que fica apoiado nun dos esteos da cámara, mide un metro e oitenta centímetros de alto por un metro e trinta de largo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar