Peaky Blinders é unha serie de televisión británica emitida na canle BBC Two. O seu creador é o escritor británico Steven Knight e está protagonizada polo actor Cillian Murphy. A trama principal da serie é a vida dunha familia de gánsters de orixe xitana de Birmingham na década de 1920.

Peaky Blinders
FormatoDrama histórico, acción, crime
Creado porSteven Knight
Desenvolvido porKatie Swinden
Dirixido porOtto Bathurst
Tom Harper
Colm McCarthy
IntérpretesCillian Murphy
Sam Neill
Paul Anderson
Joe Cole
Finn Cole
Harry Kirton
Helen McCrory
Annabelle Wallis
Iddo Goldberg
Adrien Brody
Paddy Considine
Alexander Siddig
Benjamin Zephaniah
Tema de apertura"Red Right Hand" de Nick Cave and the Bad Seeds
País de orixeReino Unido Reino Unido
Lingua(s)Inglés
Temporadas6
Episodios36
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Caryn Mandabach
Greg Brenman
Steven Knight
Cillian Murphy
Jamie Glazebrook
Frith Tiplady
Localización(s)Birmingham, Inglaterra
Duración55-65 minutos
DistribuidorBBC (Internacional)
The Weinstein Company (Estados Unidos)
Emisión orixinal
Canle de orixeBBC Two (1ª-4ª temporada)
BBC One (5ª temporada)
Formato de imaxe1080i HDTV
Primeiro episodio12 de setembro de 2013
Derradeiro episodio22 de setembro de 2019
Na rede
http://www.bbc.co.uk/programmes/b045fz8r
IMDB: tt2442560 Filmaffinity: 539830 Allocine: 11303 Rottentomatoes: tv/peaky_blinders Metacritic: tv/peaky-blinders TV.com: shows/peaky-blinders
Facebook: PeakyBlinders Twitter: thepeakyblinder Instagram: peakyblindersofficial Netlix: 80002479 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Os creadores da serie inspiráronse nos Peaky Blinders, unha banda criminal do Birmingham de finais do século XIX, que se di que levaban cosidas navallas nas súas boinas que logo utilizaban como armas.

Historia

editar

O nome de Peaky Blinders non ten unha tradución exacta, pero a que máis se lle asemella é Os cegadores con boina.[1] Esta banda criminal existiu na realidade a finais do século XIX. A serie relata a súa historia de forma anecdótica e ficticia, aínda que tamén mestura feitos históricos.[2]

De cara finais do século XIX, Birmingham pasaba por un momento de crise e pobreza. Debido a esta desesperada situación, o crime semellaba a única saída para os máis novos da época; polo que se crearon diversas bandas criminais. [2] As pelexas, roubos, asasinatos, etc convertéronse en algo habitual. En pouco tempo, a banda dos Peaky Blinders converteríase nunhas das máis famosas e temidas. Estaba composta por irlandeses con orixe xitano e o seu barrio era o de Small Heath.

Os integrantes máis relevantes da banda foron David Taylor, Earnest Haynes, Harry Fowles, Stephen McNickle e Thomas Gilbert[3]

Na serie o líder é Thomas Shelby, pero na realidade a banda non estaba liderada por unha única familia[2] e non hai constancia do apelido da familia Shelby como xefes dos Peaky Blinders.

Elenco

editar
  • Cillian Murphy é Thomas Shelby; o xefe da banda. Heroe de guerra, ambicioso, e líder nato.
  • Sam Neill é o inspector xefe Chester Campbell. Policía que chega a Birmingham co fin de cumprir unha misión.
  • Helen McCrory é a tía Polly Gray. A líder feminina da familia Shelby.
  • Annabelle Wallis  interpreta a Grace Burgess, unha moza irlandesa que chega á vila cun pasado misterioso e escuro.
  • Paul Anderson é Arthur Shelby. O irmán máis vello da familia. É impredicible, apaixonado e unha bomba de reloxería.
  • Sophie Rundle  é Ada Shelby, a irmá máis nova da familia. Mantén un romance secreto cun inimigo da familia, Freddie Thorne.
  • Joe Cole interpreta a Jonh Shelby. É o irmán máis novo da familia.
  • Tom Hardy é Alfie Solomons. Chega a serie misteriosamente como líder dunha banda criminal xudía.
  1. Mariño, Henrique (28/6/2017). "Estos son los verdaderos Peaky Blinders". Público. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Documentalium: Los verdaderos Peaky Blinders, la banda real que inspiró la serie". Documentalium. 4/9/2017. Consultado o 22/4/2019. 
  3. Blanco, Santiago (17/4/2018). "La historia real de los “Peaky Blinders”, la banda que inspiró la serie del momento". Vía País (en castelán). Consultado o 17/5/2019.