Abrir o menú principal
Portalón.
Planta alta, dedicada á vivenda.
Fachada de acceso á capela.
Detalle do portalón.

O Pazo de Rioboó é un pazo barroco sito no lugar de Rioboó, na parroquia de San Miguel de Osmo, no concello de Cenlle, comarca do Ribeiro, provincia de Ourense. Tamén se coñece como Casa Grande de Rioboó e Pazo dos Temes.

HistoriaEditar

Foi un dos mais importantes da comarca. Hoxe en día mantense en bo estado, conservado e restaurado polos seus donos.

Pertenceu a D. Balthasar Benito de Araujo y Somoza e despois a D. Andrés Antonio de Prado y Ulloa.

No ano 1788 era dono do pazo D. Bernardino De Prado Ulloa Piñeiro Araujo Osorio y Barba, cóengo da catedral de Santiago, que mandou edificar a capela e a portada do pazo. O padroádego estaba constituído polo Xefe da Casa Grande de Rioboó, e os párrocos de Osmo, San Fiz de Navío, Anllo e Gomariz.

DescriciónEditar

O conxunto arquitectónico está configurado por un edificio principal de planta rectangular e varias construcións secundarias unidas á principal, incluída a capela, todo el pechado por un muro e fachadas.

Ten dous patios inscritos contiguos ao redor dos que se organizan os diversos corpos. Estes patios organízanse en torno a unha serie de funcións. O primeiro era público, dando acceso á capela á cal acudían os colonos das propiedades da casa, o segundo é o de acceso ao edificio principal, creándose a continuación del un subespazo de chegada á cociña.

A fachada da vivenda presenta dúas plantas, cun corpo que sobresae no centro e está ocupada na planta principal por unha solaina, na actualidade pechada en parte, con cuberta sostida por columnas de pedra e piares de madeira con zapatas.

Toda a planta baixa adícase a adega. Na fachada do pasadizo ábrese un grande arco de medio punto configurando unha especie de soportal.

A vivenda consérvase moi ben, cos seus teitos e pisos de madeira de castiñeiro nos salóns principais, a cociña empedrada, con lareira, as cabalerizas na planta baixa co teito abovedado formado por tres grandes arcos de medio punto, que se corresponden no piso alto cun salón empedrado.

O portalónEditar

O magnífico portalón de entrada está formado por un arco de medio punto con grandes doelas.

O muro remátase cunha cornixa. Sobre a portada álzase un pavillón, cun corpo central máis alto enmarcado por dúas columniñas corintias apeadas en repisas molduradas que sosteñen un entaboamento e frontón circular partido, decorado con placas e cilindros. Entre as columnas vai un escudo cuartelado timbrado con coroa e lambrequines coas armas dos fundadores en catro particións: Prado, Valcarcel, Ulloa e Osorio. A ámbolos lados sitúanse dúas cartelas nos baixos do pavillón, e todo o conxunto remátase con acroterios de bóla, placa e cilindros, decoración moi influída pola escola barroca santiaguesa de Simón Rodríguez.

A capelaEditar

A capela está unida e separado ao mesmo tempo polo corpo de división onde se localiza a sancristía e o paso á tribuna da capela. A planta é rectangular. A fachada principal oriéntase ao norte, enmárcase por pilastras de festón refundido sobre pedestais. Pilastras estriadas sosteñen un entaboamento con acroterios nos extremos sobre o que descansa unha fornela. A porta leva unha moldura acodada e decoración de placas. Remátase a fachada cunha cornixa e unha pequena espadana.

O interior distribúese nunha nave separada do presbiterio por un arco de medio punto. A bóveda é de crucería.

O retablo data de 1768, obra de Benito de Lemos, mestre escultor, veciño de Cima de Vila segundo deseño feito por Juan Antonio Nogueira, arquitecto de Santiago, e a petición de Joaquín Lorenzo de Prado e Ulloa, presbítero administrador da casa.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar