Pazo de Mariñas

construción civil en Fonsá (Aiazo, Frades)

O Pazo de Mariñas é unha casa grande localizada no lugar de Fonsá (Aiazo, Frades). Na actualidade o seu uso está destinado a vivenda privada.

Pazo de Mariñas
ConcelloFrades
ProvinciaA Coruña
ComunidadeGalicia
Coordenadas43°00′55″N 8°16′37″O / 43.015333333333, -8.2768333333333Coordenadas: 43°00′55″N 8°16′37″O / 43.015333333333, -8.2768333333333
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]
Fachada leste do Pazo Mariñas (Aiazo).

Características editar

Ocupa un predio de aproximadamente 10.000 m², na que amais do pazo hai varios alpendres, dous hórreos e unha vivenda complementaria ao mesmo, se ben en séculos anteriores, a familia Mariñas posuía gran parte das terras do val do río Tambre.

De acordo con escrituras atopadas durante a restauración e remodelación que se levaron a cabo a finais do século pasado, a súa construción remóntase a comezos do século XVI. Orixinalmente o pazo constituíase dunha soa nave con muros de cachotería á cal se lle engadiron edificios complementarios até o século XVIII. A día de hoxe integráronse parte deses edificios complementarios na vivenda principal que ocupa o pazo. O seu nome deriva dunha adiñeirada liñaxe familiar que recibiu durante séculos o apelido Mariñas, moi coñecidos na contorna e posuidores de varias terras, tal e como testemuña o seu escudo de armas. En orixe, un camiño de carros emprazado sobre a rocha nai, daba acceso aos terreos do Pazo de Mariñas pola súa parte norte, onde o pazo se integraba na propia rocha, erixíndose sobre o val do Tambre e abríndose cara ao sur, quedando completamente protexido do norte. Esa localización estratéxica testemuña a antigüidade do pazo, que de acordo co Catálogo Arqueolóxico do PXOU de Frades[1], podería relacionarse con asentamentos anteriores no lugar no que se atopaba o Castro de Aiazo.

Notas editar

  1. PXOM Frades.