Pavel Vinogradov
cosmonauta ruso
Pavel Vladimirovich Vinogradov, nado en Magadan (Rusia) o 31 de agosto de 1953, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TM-26, Soiuz TMA-8 e Soiuz TMA-08M e foi membro das expedicións 13, 35 e 36 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
editarVinogradov graduouse en enxeñaría mecánica polo Instituto de Aviación de Moscova en 1977 e como analista de sistemas de computación polo mesmo Instituto en 1980. Foi seleccionado como candidato a cosmonauta en maio de 1992, completando o seu adestramento en febreiro de 1994. Participou nas misións Soiuz TM-26, Soiuz TMA-8 e Soiuz TMA-08M e foi membro das expedicións 13, 35 e 36 á Estación Espacial Internacional, pasando 546,94 días no espazo.[1][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Vinogradov, Pavel Vladimirovich" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 NASA, ed. (20 de febreiro de 2006). "Preflight Interview: Pavel Vinogradov" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2022. Consultado o 25 de marzo de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pavel Vinogradov |