Chris Hadfield
Chris Austin Hadfield, nado en Sarnia (Ontario), o 19 de agosto de 1959, é un astronauta canadense que formou parte das misións STS-100, STS-74 e Soiuz TMA-07M e participou na Expedición 34 e a Expedición 35 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Chris Hadfield | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 29 de agosto de 1959 |
Lugar | Sarnia |
Actividade | |
Misións | Expedição 34, STS-100, Soiuz TMA-07M, STS-74 e Expedición 35 |
Tempo no espazo | 165,68 días |
Premios | Order of Ontario, Oficial da Ordem do Canadá, Medalla o Servizo Excepcional da NASA, Medalha do jubileu de ouro da Rainha Isabel II, Queen Elizabeth II Diamond Jubilee Medal, Meritorious Service Cross, Meritorious Service Cross, doutor honoris causa, doutor honoris causa e Canada's Walk of Fame |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria Editar
Hadfield graduouse en enxeñería mecánica polo Real Colexio Militar de Kingston, Ontario, en 1982. Levou a cabo investigacións como posgraduado na Universidade de Waterloo tamén en 1982 e é máster en sistemas de aviación pola Universidade de Tennessee en 1992.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola Axencia Espacial Canadense en xuño de 1992, participando nas misións STS-100, STS-74 e Soiuz TMA-07M e sendo membro das expedicións 34 e 35 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 165,68 días no espazo.[1][2]
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Hadfield, Chris Austin" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (xuño de 2004). "CHRIS A. HADFIELD (COLONEL, CAF, RET.) ASTRONAUT, CANADIAN SPACE AGENCY" (PDF) (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2020.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chris Hadfield |