Paulino de York
San Paulino, (nome secular: Paulinus Eboricensis) nado en Roma no último terzo do século VI e finado en Rochester o 10 de outubro de 644 ou 645, foi un membro da misión gregoriana enviada en 601 polo papa Gregorio I para converter os anglosaxóns do seu paganismo, e o primeiro bispo de York.[1][2] É venerado coma un santo por diversas confesións cristianas.
San Paulino de York | |
---|---|
![]() Paulino de York | |
Bispo e confesor | |
Biografía | |
Nacemento | Último terzo do s. VI en Roma |
Pasamento | 10 de outubro de 644 en Rochester, Kent |
Proceso de canonización | |
Canonización | Antiga |
Veneración | |
Venerado/a en | Igrexa Católica, Igrexa ortodoxa, Anglicanismo |
Festividade | 10 de outubro |
Santuario principal | Catedral de Rochester |
Paulino chegou a Inglaterra en 604. Coñécese pouca cousa das súas actividades durante as dúas décadas posteriores. Despois de pasar uns anos no Reino de Kent, posiblemente no ano 625, Paulino foi consagrado como bispo. Conseguiu converter o rei Edwin de Northumbria, así como moitos dos seus súbditos. Despois da morte deste rei en 633, Paulino regresou a Kent, onde se converteu en bispo de Rochester.
Notas editar
- ↑ York non se converteu en arcebispado até o ano 735.
- ↑ Lapidge 2001, p. 157