Paulino Carballo del Río

canteiro e político galego

Paulino Carballo del Río, nado en Carballido (Cea, Vilagarcía de Arousa) o 17 de maio de 1903 e finado en Paradela (Meis) o 17 de xuño de 1937, foi un canteiro e político galego.

Infotaula de personaPaulino Carballo del Río
Biografía
Nacemento17 de maio de 1903 Editar o valor em Wikidata
Carballido, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xuño de 1937 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Paradela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncanteiro , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Veciño de Cea. Emigrado na República Arxentina, ao retornar foi canteiro en Cea. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 actuou co seu medio irmán José Gerardo del Río Villanueva como enlace cos fuxidos no monte Xiabre. O 14 de xuño de 1937 subiu ao monte con Gerardo para entregarlle un paquete e unha nota a José Torrado Herbón que lles fixera chegar a súa nai Rosario Herbón Galán, por medio da sobriña de Paulino, Carmen Carballo. Foron detidos por unha patrulla das milicias mandadas polo capitán Bernal que facían unha batida no monte Xiabre, con máis dun cento de efectivos entre militares, falanxistas e corpos de seguridade. Foron encarcerados no cuartel da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa e torturados. Co pretexto do seu traslado a Pontevedra, foi asasinado co seu medio irmán Gerardo del Río polo sarxento da Garda Civil do posto de Vilagarcía, Desiderio Camacho, nas Raposeiras, preto de Vilanoviña na parroquia de Paradela o 17 de xuño de 1937. O párroco de Paradela non consentiu que fosen soterrados en sagrado e quedaron sepultados en paralelo ao muro de peche do adro. Na primeira década do século XXI os seus restos foron trasladados ao cemiterio de Cea.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Abuín Duro, Marcelino (2018). La primavera rota. Vilagarcía de Arousa, 1936-1941. Abegondo: Sociedad Bibliográfica de Galicia. pp. 126–129. ISBN 978-84-09-02453-7. 
  • Gallego Rei, Mario; Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Moreira Docampo, Xosé Manuel (2012). Para despois do silencio. O Concello de Meis da II República a Guerra Civil. Vigo: Ir Indo. pp. 90–91. ISBN 978-84-7680-692-0. 

Ligazóns externas editar