Stephanus Johannes Paul Kruger, nado o 10 de outubro de 1825 en Bulhoek e finado o 14 de xullo de 1904 en Clarens, foi un líder bóer, que loitou contra os británicos e foi presidente da República do Transvaal.

Infotaula de personaPaul Kruger

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(af) Stephanus Johannes Paulus Kruger Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1825 Editar o valor em Wikidata
Colonia do Cabo Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xullo de 1904 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Clarens (Suíza) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaHeroes' Acre (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
President of the South African Republic (en) Traducir
9 de maio de 1883 – 10 de setembro de 1900
← sen valor – Schalk Willem Burger (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Sul-Africana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua africáner e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGezina Suzanna Frederika du Plessis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesFanie Eloff (pt) Traducir (neto) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Kruiger-2 Find a Grave: 6001432 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Busto de Paul Kruger nun krugerrand de ouro surafricano.

Kruger naceu nunha familia de orixe prusiana en Bulhoek, a granxa do seu avó no distrito de Steynsburg e medrou na granxa Vaalbank, tan só foi a escola tres meses. O seu pai uniuse o trek de Hendrik Potgieter en 1836 pouco despois de comezar o Gran Trek, e participou, cargando armas, na batalla de Vegkop contra dos ndebeles.
Os trekkers cruzaron o río Vaal en 1838, e asentáronse primeiro na área agora coñecida como Potchefstroom, máis tarde o pai de Kruger decidiu asentarse no distrito agora coñecido como Rustenburg. En 1841, aos 16 anos, Kruger trasladouse á súa propia granxa, na aba do Magaliesberg, ao ano seguinte casou con Maria du Plessis, pero ela e fillo que acababa de ter morreron aos poucos meses, probablemente de malaria. Casou de novo con Gezina du Plessis, coa que tivo sete fillas e nove fillos.
Membro das milicias afrikáner, en 1854 é o comandante de Rustenburg e en 1860 chegou a Comandante Xeneral da República do Transvaal e membro dunha comisión do Volksraad (Parlamento) que se encargaba da redacción da constitución, ademais xoga un importante papel na finalización das tensións entre o líder do Transvaal, Stephanus Schoeman e M.W. Pretorius.
En 1873 deixa o seu posto de Comandante Xeneral e retírase á súa granxa, Boekenhoutfontein. Malia iso, en 1874 foi elixido para o Consello Executivo e convértese no vicepresidente do Transvaal.
Trala anexión do Transvaal ao Reino Unido en 1877, Kruger convértese no líder do movemento de resistencia africáner.
A primeira guerra anglo-bóer estoupou en 1880, e trala derrota dos británicos en Majuba (1881), Kruger xogou un papel importante nas negociacións que conduciron á restauración da soberanía do Transvaal baixo a soberanía británica.
O 30 de decembro de 1880, Kruger foi elixido presidente do Transvaal, en 1883 fixo unha xira por Europa, pero no Transvaal as cousas cambiaron tralo descubrimento de ouro en Witwatersrand, que converteron ao Transvaal na república máis rica de Suráfrica e meta de milleiros de colonos británicos. Mentres, o goberno de Kruger creou impostos moi gravosos para os propietarios británicos e limitou os dereitos de cidadanía e electorais dos uitlanders (colonos de orixe británica). Cecil Rhodes armou secretamente ao uitlanders para que se sublevasen contra Kruger en 1895, pero o plan fracasou, e o que se coñece como o Jameson Raid.
O 11 de outubro de 1899 estoupou a segunda guerra anglo-bóer, e aínda que nun primeiro momento os bóers humillan aos británicos, dende febreiro os británicos comezan a recuperar o terreo perdido, e o 29 de maio de 1900 Kruger deixa Pretoria diante o avance de Lord Roberts. En outubro deixa o país a bordo dun barco holandés, trasládase a Suíza e alí morre o 14 de xullo de 1904.