Colonia do Cabo

A Colonia do Cabo (en neerlandés Kaapkolonie, en inglés Cape Colony) foi a primeira colonia neerlandesa do extremo sur da África austral. Tomou o seu nome do cabo da Boa Esperanza.

En alaranxado, localización da antiga Colonia do Cabo.

Existiu entre 1775, máis dun século despois de 1652, cando Jan van Riebeeck, da Compañía Holandesa das Indias Orientais fundara a Cidade do Cabo, e 1806, cando foi ocupada polo Imperio británico e pasou a ser colonia deste imperio.

A rexión foi ocupada por colonos, principalmente neerlandeses e franceses, estes últimos, en gran parte exiliados hugonotes, que levaron con eles varias cepas de vide que se converteron a día de hoxe nunha gran fonte de riqueza para o país.

A antiga colonia converteuse nunha provincia da Unión Surafricana, e despois da República Surafricana, até a nova constitución desta república de 1994, cando foi dividida en 3 provncias: Cabo Oriental, Cabo Occidental e Cabo Setentrional.

GaleríaEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • P. J. van der Merwe & Roger B. Beck (1995): The Migrant Farmer in the History of the Cape Colony. Athens, Ohio: Ohio University Press. ISBN 978-0-8214-1090-5.
  • George McCall Theal (1970): History of the Boers in South Africa; Or, the Wanderings and Wars of the Emigrant Farmers from Their Leaving the Cape Colony to the Acknowledgment of Their Independence by Great Britain. Westport, Connecticut: Greenwood Press Group. ISBN 0-8371-1661-9.

Ligazóns externasEditar