Pau Vila i Dinarès (Sabadell, Vallès Occidental, 1881 - Barcelona, 1980) foi un pedagogo e xeógrafo catalán.

Infotaula de personaPau Vila
Biografía
Nacemento29 de xuño de 1881 Editar o valor em Wikidata
Sabadell, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de agosto de 1980 Editar o valor em Wikidata (99 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSabadell Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , pedagogo , xeógrafo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMarc Aureli Vila i Comaposada (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

 
Proposta de comarcalización de Cataluña por Pau Vila (1931).

De familia de teceláns e temperamento autodidáctico e creador, en 1905 fundou a Escola Horaciana, logo de contactos truncados coa Escola Moderna de Ferrer i Guàrdia. O seguinte decenio foi decisivo na súa orientación. No curso 1912-1913 deixou a Escola, diplomándose en Xenebra na École des Sciences de l'Éducation, á par que descubriu a escola xeográfica francesa de Paul Vidal de la Blache e o xeógrafo J. Brunhes.

Foi a autor da división de Cataluña en comarcas, feita por encargo da Generalitat republicana.

A causa da guerra civil tivo que se exiliar a Colombia, e posteriormente a Caracas, tornando a Cataluña en 1962.

Desde 1964 alternou o traballo de investigación entre Venezuela e Barcelona. Este movemento anual entre Caracas e Barcelona mantívose entre 1964 e 1978, en que por razóns de saúde, xa non volveu a Venezuela, aínda que continuou a traballar nos seus temas favoritos.

Obras editar

  • Assaig de geografia humana de la muntanya (1925) (Ensaio de xeografía humana da montaña)
  • Resum de geografia de Catalunya (1926-1935)
  • Divisió territorial de Catalunya (1932-1937)
  • Nueva geografía de Colombia: aspecto político, físico, humano y económico (1945)
  • Las características fisiográficas del Orinoco (1952)
  • Las etapas históricas de los descubrimientos del Orinoco (1952)
  • Geografía de Venezuela (1960 e 1965)
  • Origen i evolució de la Rambla barcelonina (1965)
  • Joan Orpí, l'home de la Nova Catalunya (1967)
  • Visiones geohistóricas de Venezuela (1969)
  • Barcelona i la seva rodalia al llarg del temps (1974)
  • El obispo Martí (1980)

Premios e distincións editar