Patricio Bocconi

fotógrafo italiano

Patricio Bocconi Camirani, nado en Pontremoli (Provincia de Massa-Carrara) en 1835 e finado en Pontevedra o 13 de xaneiro de 1878, foi un fotógrafo italiano asentado en Galicia.

Infotaula de personaPatricio Bocconi
Biografía
Nacemento1835 Editar o valor em Wikidata
Pontremoli (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xaneiro de 1878 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Logo de pasar por Murcia, Almería, Alacant e Salamanca, chegou a Galicia na década dos setenta. Instalou gabinete fotográfico en varias cidades galegas e traballou como fotógrafo ambulante noutras vilas gallegas. Dende 1873 viaxou con asiduidade a Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago e estableceu nesas cidades gabinetes fotográficos.[1] Tiña a pretensión de realizar un Álbum de Galicia.[2]

A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago concedeulle unha mención honorífica polas súas fotografías no certame científico, artístico e industrial de xullo de 1875. Patricio renunciou publicamente a ela alegando que o premio principal fóille outorgado a un fotógrafo de Santiago que presentou a concurso ampliacións de fotografías.[3]

Instalado en Vigo dende 1877, foi o encargado fotografar a chegada de Afonso XII a cidade. Ese mesmo ano participou na Exposición Regional de Lugo,[4] e obtivo unha mención de honra. En 1878, aqueixado dunha grave enfermidade, abandonou Vigo e trasladouse a Pontevedra, onde finou aos 43 anos.[5] A súa muller María Rodríguez, axudada polo seu fillo Alfredo, fíxose cargo do establecemento fotográfico en Pontevedra.[6]

Vida persoal editar

Casou en 1860 con María Antonia Rodríguez Valero e foi pai de Alfredo Bocconi Rodríguez.

Notas editar

  1. En Santiago co seu irmán en 1875. El Diario de Santiago, 27-4-1875, p. 2.
  2. El Telegrama, 12-3-1875, p. 2.
  3. El Telegrama, 16-11-1875, p. 2.
  4. El Diario de Lugo, 18-9-1877, p. 2.
  5. El Heraldo Gallego, 15-1-1878, p. 1-2.
  6. El Heraldo Gallego, 10-6-1878, p. 7.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 123–125. ISBN 978-84-8457-448-4. 

Ligazóns externas editar