Patricio Arce Susilla

mestre e político español

Patricio Arce Susilla, nado na provincia de Burgos o 16 de marzo de 1886,[1] foi un mestre e político español.

Infotaula de personaPatricio Arce Susilla
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1886 Editar o valor em Wikidata
provincia de Burgos Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi mestre en Carcedo (Valdés) (1916),[2] Muñas (Oviedo) e en 1920 concedéronlle permuta para Ribeseya; en 1933 déronlle o traslado para Ourense.[3] Pertenceu a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense, presidiu a Asemblea Extraordinaria da ATEO de abril de 1936. Tamén foi vogal da directiva da Asociación de inquilinos de Ourense.[4]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e destituído como mestre a principios de agosto por ser un dos dirixentes da ATEO.[5][6] Detido, foi xulgado en Ourense por auxilio á rebelión en consello de guerra na causa 391/37 xunto con Luis Acuña Nóvoa, José Fernández Pérez, Enrique Nanín Ansias, Severino Nóvoa Gutiérrez, José Pérez Gómez, Ramiro Pérez Serrano, Antonio Raimúndez Somoza e Luis Vidal. Foi condenado a 12 anos e 1 día de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en novembro de 1941.[7] Foi inhabilitado como mestre en marzo de 1942.

Notas editar

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933
  2. El Distrito Universitario, 30-6-1916, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 22-6-1933, p. 10.
  4. El Pueblo Gallego, 29-6-1934, p. 8.
  5. El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7.
  6. El Pueblo Gallego, 5-9-1936, p. 7.
  7. BOE, 7-11-1941, p. 4067-4084.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar