Patricia Janeiro
escritora galega
Patricia Alonso Janeiro, nada en Santiago de Compostela en 1978, é unha escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 (45/46 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Lingua | Lingua galega |
Premios
| |
Traxectoria
editarÉ licenciada en Filoloxía inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en diversas revistas como Novas da Galiza, Ariel, Arraianos ou Luzes, ademais de realizar traducións para o Cineclub de Compostela.
Obras
editar- Caixa de mistos (Sotelo Blanco Edicións, 2005). Novela, traducida ao italiano e publicada en abril de 2009 por Editorial Gran Via como Solo per questa notte.[1]
- A perspectiva desde a porta (Edicións Positivas, 2009). Novela, que fora finalista do Premio Xerais.[2]
- Os últimos indios (Concello de Santiago de Compostela, 2017). Novela curta.
- Manual básico de hostalería (Edicións Positivas, 2017).[3]
- Rueiro da cidade escura (Edicións Positivas, 2019).[4]
Traducións
editar- Um dia da minha vida de Bobby Sands (Estaleiro, 2011).
Notas
editar- ↑ Ficha do libro Caixa de mistos Arquivado 23 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. na páxina web de Sotelo Blanco Edicións.
- ↑ Ficha do libro A perspectiva desde a porta na páxina web de Cultura Galega.
- ↑ "Cústanos máis identificar a explotación laboral na hostalería cando o local é do noso 'rollo' político". Praza Pública. 28/7/2017.
- ↑ "Rueiro da cidade escura |Edicións Positivas | LG3 | O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2020-02-09.