Bobby Sands
Robert George Sands, en irlandés Roibeárd Gearóid Ó Seachnasaigh, coñecido popularmente como Bobby Sands, nado en Irlanda do Norte o 9 de marzo de 1954 e finado o 5 de maio de 1981, foi membro da IRA Provisional (Exército Republicano Irlandés Provisional) e do Parlamento Británico, finado durante as folgas de fame de 1981 na prisión de Maze (coñecida como Long Kesh). Foi o principal líder da IRA durante a folga de fame, na que os republicanos irlandeses protestaban contra a retirada do status de Categoría Especial (similar ao de prisioneiros de guerra) aos membros de organizacións paramilitares nacionalistas irlandesas. No transcurso da folga, Sands conseguiu ser elixido membro do Parlamento Británico. A súa morte provocou a incorporación de novos recrutas ás filas do IRA e un rexurdir da actividade paramilitar da organización. A folga chamou a atención mundial dos medios de comunicación cara ao conflito irlandés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ga) Roibeard Gearóid Ó Seachnasaigh 9 de marzo de 1954 Rathcoole, Reino Unido |
Morte | 5 de maio de 1981 (27 anos) Prisión de Maze, Reino Unido |
Causa da morte | suicidio, inanición |
Lugar de sepultura | Milltown Cemetery (en) |
Membro do 48º Parlamento do Reino Unido | |
9 de abril de 1981 – 5 de maio de 1981 (finado no cargo) Lexislatura: 48th Parliament of the United Kingdom (en) Circunscrición electoral: Fermanagh and South Tyrone (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Londres |
Ocupación | político, animador |
Partido político | Anti H-Block (en) |
Carreira militar | |
Rama militar | Provisional Irish Republican Army |
Rango militar | Volunteer (en) |
Conflito | Conflito de Irlanda do Norte |
Familia | |
Irmáns | Bernadette Sands McKevitt |
Cronoloxía | |
1 de marzo de 1981-3 de outubro de 1981 | Greve de fome irlandesa de 1981 (pt) |
Sitio web | bobbysandstrust.com |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Bobby Sands Trust (en inglés)