Patricia González Mota

Patricia González Mota, máis coñecida como Peque, nada en Navalafuente (Comunidade de Madrid) o 3 de abril de 1987, é unha xogadora de fútbol sala española, que xoga de ala no Alcorcón, da Primeira División. Considerada unha das mellores futbolistas da súa xeración, desenvolveu a maior parte da súa carreira no Burela, sendo a maior figura da historia do club, co que conquistou cinco ligas de Primeira División, seis Copas da Raíña e cinco Supercopas de España.[1]

Modelo:BiografíaPatricia González Mota
Biografía
Nacemento3 de abril de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndeportista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol sala Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Selección feminina de fútbol sala de España

Internacional dende 2009, disputou máis dun cento de partidos coa selección española, da que é capitá. Conquistou tres edicións da Eurocopa, nos anos 2019, 2022 e 2023, sendo elixida na última delas mellor xogadora do torneo.

Traxectoria

editar

Comezou a xogar ao fútbol sala no Navalafuente da súa localidade natal, pasando logo polo Majadahonda e o FSF Rioja, no que militou cinco anos (2006-2011). Para a tempada 2011/12 fichou polo Burela, no que xogou ata 2016.[2] Durante ese tempo participou da conquista das dúas primeiras ligas de Primeira División na historia do equipo galego, nas tempadas 2012/13 e 2015/16, títulos aos que sumou unha Copa da Raíña e unha Supercopa de España. Ademais foi a máxima goleadora da liga na tempada 2013/14, con 40 goles.

A continuación xogou dous anos en Italia,[3] nas filas do Sinnai e do Cagliari, antes de regresar en 2018 ao Burela.[4] Na súa segunda etapa no club da Mariña de Lugo, converteuse na capitá e en peza fundamental dun equipo que dominou de xeito case absoluto o fútbol sala español, conquistando tres ligas, cinco Copas da Raíña e catro Supercopas de España. Ademais foi nomeada segunda mellor xogadora do mundo nos Futsal Awards dous anos consecutivos, en 2020 e 2021, en ambas ocasións por detrás de Amandinha.[5]

Selección nacional

editar

Debutou coa selección española o 28 de marzo de 2009, nun partido amigable contra os Países baixos.[6] Regresou ao combinado nacional en 2012 para disputar o Campionato Mundial e dende entón foi habitual do equipo nacional, co que disputou catro edicións do torneo mundial.[7] En 2018 contribuíu á clasificación para a primeira Eurocopa, celebrada ao ano seguinte en Portugal, e que acabou conquistando.[8] Repetiu título nas edicións de 2022 e 2023, sendo elixida nesta última mellor xogadora do torneo.[9] Ademais, nas semifinais contra Portugal disputou o seu 100º partido coa selección.[10]

  1. "O Burela homenaxea a Peque, a mellor xogadora da súa historia". Televisión de Galicia. 20 de maio de 2023. Consultado o 28 de xaneiro de 2024. 
  2. "Peque ficha por el Burela" (en castelán). 18 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2024. 
  3. "Peque (ex Majadahonda), “la Messi española”, ficha por el Sinnai italiano: 2.900 € mensuales". Majadahonda Magazin (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2024. 
  4. "Vuelve Peque, internacional, ídolo en la Bombonera". La Voz de Galicia (en español). 6 de julio de 2018. Consultado o 27 de enero de 2019. 
  5. "Peque, nuestra capitana, seguirá defendiendo los colores del CD Burela FS" (en castelán). 3 de agosto de 2022. Consultado o 28 de agosto de 2024. 
  6. "Conoce a fondo a nuestras 13 elegidas para el Preeuropeo". SeFutbol (en castelán). 11 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2024. 
  7. "PEQUE: ‘MI PRESENCIA CON LA SELECCIÓN ES EL RECONOCIMIENTO AL EXCELENTE TRABAJO DEL BURELA FS DESDE HACE AÑOS’". ACFSF (en castelán). 27 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2024. 
  8. "Peque: «Esta nueva experiencia con España ha sido una verdadera pasada»". La Voz de Galicia (en español). 18 de septiembre de 2018. Consultado o 27 de enero de 2019. 
  9. "La española Peque nombrada Jugadora del Torneo de la Eurocopa Femenina de Fútbol Sala 2023". UEFA (en castelán). 19 de marzo de 2023. Consultado o 28 de xaneiro de 2024. 
  10. "Peque: "Jugar 100 partidos con España es un orgullo"". Telemadrid (en castelán). 16 de marzo de 2023. Consultado o 28 de xaneiro de 2024.