Patria Galega
Patria Galega foi un periódico editado na Habana de 1941 a 1961.
Patria Galega | |
---|---|
![]() ![]() | |
Fundación | 1941 |
Remata | 1961 |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | A Habana |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Enciclopedia Galega Universal e Diccionario da literatura galega |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarApareceu en decembro de 1941. Periódico mensual e bilingüe. Fundado e dirixido por Fuco Gómez e administrado primeiro por Cándido Navarro e despois por Ramón Vidal. Nos primeiros números aparece como Órgao ofizial do Juntoiro do mesmo nome. Tivo unha suspensión temporal de 1945 a 1948, cara 1955 hai algunhas mudanzas na redaccón e aparece Amalia Rivas (a muller de Fuco Gómez) como contadora; en 1960 aparece unicamente Fuco Gómez como director e Amalia Rivas como administradora, e pasou a subtitularse Voceiro da Galiza liídima. Entre os colaboradores figuraron José Vázquez Bedia, Pedro Martínez e algúns poetas latinoamericanos. Mantivo unha posición nacionalista. Con presenza da lingua galega. Destácanse as figuras de Rosalía de Castro e de José Martí. Desapareceu en decembro de 1961.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Patria Galega". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Domingo Cuadriello, Jorge (2002). Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Diccionario Bio-Bibliográfico. Sevilla: Renacimiento. p. 252. ISBN 84-8472-069-1.
- Martínez, Xurxo (2007). Fuco Gómez. Asociación Galega de Emigrantes Retornados. ISBN 978-84-612-0267-6.
- Neira Vilas, Xosé (2005). "Patria Galega". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- —————— (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5020-1.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.