Patrick "Pat" O'Callaghan, nado en Kanturk o 28 de xaneiro de 1906, e finado en Clonmel o 1 de decembro de 1991, foi un atleta irlandés e medallista de ouro olímpico. Foi o primeiro atleta de Irlanda en gañar unha medalla olímpica baixo a bandeira irlandesa.[1] Conseguiu un total de dúas medallas de ouro na proba de lanzamento de martelo, a primeira nos Xogos de 1928 e a segunda nos de 1932. É considerado como un dos máis grandes atletas da historia de Irlanda.

Modelo:BiografíaPat O'Callaghan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de setembro de 1905 Editar o valor en Wikidata
Kanturk, Irlanda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de decembro de 1991 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Clonmel, Irlanda Editar o valor en Wikidata
EducaciónRoyal College of Surgeons in Ireland (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso98 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico militar, lançador de martelo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivalançamento de martelo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
1932Xogos Olímpicos de 1932
1928Xogos Olímpicos de 1928 Editar o valor en Wikidata

Olympic.org: patrick-o-callaghan Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Pat O'Callaghan naceu en Knockanroe, ás aforas de Kanturk, no condado de Cork, en 1905.[2][3] Era o segundo de tres irmáns, fillos de Paddy O'Callaghan e Jane Healy, e comezou a súa educación aos dous anos de idade na escola nacional Derrygallon, e a continuación avanzou á escola secundaria de Kanturk, ata que finalmente, aos quince anos de idade, obtivo unha bolsa para a Patrician Academy en Mallow. Durante o seu ano na Patrician Academy, percorría cada día en bicicleta o traxecto de 32 millas diarias dende Derrygallon ata as súas clases, das cales nunca se ausentou. Posteriormente, O'Callaghan ingresou no Royal College of Surgeons (Real Colexio de Cirurxiáns) de Dublín para estudar medicina. Trala súa graduación en 1926, uniuse ao servizo médico da Real Forza Aérea Británica, e á súa volta a Irlanda en 1928 abriu a súa propia consulta médica en Clonmel. O Doutor Pat, como era coñecido, traballou en Clonmel ata a súa xubilación en 1984.[3]

Legado

editar

O'Callaghan foi o abandeirado de Irlanda nos Xogos Olímpicos de 1932 nos Ánxeles. En 1960, converteuse na primeira persoa en recibir o Premio Texaco Hall of Fame. Foi declarado "Freeman" de Clonmel en 1984, e foi presidente honorífico do Commercials Gaelic Football Club. Asemade, o Dr. Pat O'Callaghan Sports Complex de Clonmel, sede do Clonmel Town Football Club, leva ese nome na súa honra. En xaneiro de 2007, erixiuse unha estatua de O'Callaghan en Banteer, no condado de Cork.[3]

  1. "Two Olympic Golds For Irish Hammer Thrower". RTE Archives. Consultado o 9 de agosto de 2021. 
  2. Quercetani, Roberto (1964). A world history of track and field athletics, 1864–1964. Oxford University Press. p. 294. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Pat O'Callaghan". Olympics at Sports Reference.com. Consultado o 19 de outubro de 2011. [Ligazón morta]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar