Pascual Ruiz Enríquez
xornalista galego
Pascual Ruiz Enríquez, nado en Redondela o 28 de agosto de 1845 e finado en Vigo o 16 de febreiro de 1924, foi un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de agosto de 1845 Redondela, España |
Morte | 16 de febreiro de 1924 (78 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarCaixista da imprenta de La Oliva e El Miño. Funcionario de Correos en Vigo, foi Administrador de Correos en varias capitais. Vicesecretario do Comité Republicano Federal de Vigo (1869)[1], dirixiu os periódicos de Vigo El Meteoro (1867), El Independiente (1885-1903) e La Lucha e colaborou en El Mirlo, Faro de Vigo e La Correspondencia Gallega.
Vida persoal
editarCasou con Amparo Verdi. Volveu casar en segundas nupcias con Agripina Barros.
Notas
editar- ↑ La Discusión, 17-8-1869, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 856–857. ISBN 978-84-8457-448-4.