Pasarrúas

peza popular de ritmo moi vivo tocada nas rúas por unha banda, unha charanga ou un grupo de gaiteiros

Un pasarrúas é unha peza popular de ritmo moi vivo tocada nas rúas por unha banda, unha charanga ou un grupo de gaiteiros.

Pasarrúas
Pasarrúas nas festas de Catoira.
Pasacorredoiras da Fonsagrada
Orixe culturalGalicia Galicia
Instrumentos típicosGaita
Tambor
Bombo
Outros nomesPasacorredoiras.

Características editar

Orixinadas probabelmente na Italia do século XVII,[1] os pasarrúas eran inicialmente composicións musicais feitas para desfilar. Son pezas instrumentais, sen acompañamento vocal, que en Galiza empregan normalmente a gaita como instrumento principal. Interprétanse a ritmo de pasodobre rápido e constan de tres tempos de catro a oito compases nos que se fan variacións sobre un motivo principal.[1]

Por extensión, coñécense hoxe en Galiza con este nome a todos os desfiles, festeiros ou reivindicativos, que percorren as rúas con acompañamento musical, normalmente da música tradicional mais tamén de bandas.

Notas editar

Referencias
  1. 1,0 1,1 Camafeita Longa, Olga (2010). "Ruada". Dicionario da música popular en Galicia (PDF). Rinoceronte Editora. ISBN 8493781657. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar