Abrir o menú principal

Pasar

libro de Nella Larsen

Pasar[1] (en inglés: Passing) é unha novela[2][3][4] da autora estadounidense Nella Larsen, publicada orixinalmente en 1929. Ambientada no barrio de Harlem da cidade de Nova York durante a década de 1920, a historia céntrase na reunión de dúas amigas da infancia, Clare Kendry e Irene Redfield, e a súa crecente fascinación polas vidas da outra. O título fai referencia á práctica da "passing" ou asimilación racial, e é un elemento chave na novela, xa que o intento de Clare Kendry de pasar como branca para o seu marido, John (Jack) Bellew, é a representación máis significativa da novela, e un catalizador para os acontecementos tráxicos.

Pasar
Título orixinalPassing
Autor/aNella Larsen
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
EditorialFlag of the United States.svg Knopf
Galicia Irmás Cartoné
Data de pub.Flag of the United States.svg abril de 1929
Galicia 2017
FormatoTapas duras
Páxinas160
ISBNISBN 978-1604599947 (en)
ISBN 978-8494541179 (gl)
TraduciónCarlos Valdés García

A exploración racial de Larsen fundaméntase na propia herdanza racial mixta da autora e ó incremento da práctica do "passing" na década de 1920. Eloxiada dende a súa publicación, a novela é vista como referencial pola súa complexa representación da raza, do xénero e da sexualidade, e é obxecto dunha considerable crítica académica. Como unha das dúas únicas novelas que escribiu Larsen, Pasar foi especialmente significativa á hora de colocar á súa autora á vangarda de varios canons literarios.

Foi traducida ó galego por Carlos Valdés García[5] e foi publicada pola editorial Irmás Cartoné no ano 2017.[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Pasar. Traducido por Carlos Valdés García (1ª ed.). Santiago de Compostela: Irmás Cartoné. 2017. ISBN 978-8494541179 – vía BiTraGa. 
  2. Larsen, Nella (2007). Kaplan, Carla, ed. Passing: Authoritative Text and Critical Context. Nova York, NY: Norton. 
  3. Rottenberg, Catherine (2003). "Passing : Race, Identification, and Desire". Criticism 45 (4): 435–52. doi:10.1353/crt.2004.0025. 
  4. McIntire, Gabrielle (2012). "Toward a Narratology of Passing: Epistemology, Race, and Misrecognition in Nella Larsen's Passing". Callaloo 35 (3): 778–94. doi:10.1353/cal.2012.0078. 
  5. Irmás Cartoné (ed.). "Pasar, por Irmás Cartoné". Consultado o 11 de abril de 2019.