Nella Larsen

novelista, libreira e enfermeira estadounidense

Nella Larsen, nada como Nellie Walker en Chicago (Illinois) o 13 de abril de 1891 e finada en Nova York o 30 de marzo de 1964, foi unha novelista norteamericana do Renacemento de Harlem.

Nella Larsen
NellaLarsen1928.jpg
Nome completoNella Walker
Nacemento13 de abril de 1891 e 14 de abril de 1891
 Chicago
Falecemento30 de marzo de 1964
 Brooklyn
Soterradacemiterio Cypress Hills
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
Alma máterFisk University, Lincoln Hospital, Biblioteca Pública de Nova York, Universidade de Columbia e Universidade de Copenhague
Ocupaciónenfermeira, escritora, bibliotecaria e novelista
CónxuxeElmer Imes
PremiosBolsa de estudos Guggenheim e William E. Harmon Foundation award for distinguished achievement among Negroes
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Traballou como enfermeira e bibliotecaria e publicou dúas novelas, Quicksand (1928) e Pasar[1] (Passing no orixinal inglés) (1929), amais duns poucos relatos curtos. Malia o austero da súa produción, recibiu o recoñecemento dos seu contemporáneos. Así mesmo, a finais do século XX houbo un renovado interese pola súa obra literaria, nun momento no que os conflitos raciais e de identidade sexual tiñan especial transcendencia. Tamén foi a súa obra albo de estudos académicos e a autora está considerada "non só como a primeira novelista do Harlem Renaissance, senón tamén como unha figura de relevo dentro do modernismo americano"[2].

NotasEditar

  1. Traducida do inglés ao galego por Carlos Valdés e publicada en 2018 por Irmás Cartoné.
  2. Bone, Martyn (2011), "Nella Larsen" in The Encyclopedia of Twentieth-Century Fiction, Wiley-Blackwell, pp. 658-659 (en inglés).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar