Pasaporte de Bután

O pasaporte de Bután é un documento que autoriza e facilita as viaxes e outras actividades en Bután ou por parte de cidadáns butaneses. O Ministerio de Asuntos Exteriores de Bután expide pasaportes de viaxe ao estranxeiro aos cidadáns de Bután para viaxes internacionais. É válido para todos os países a non ser que se indique o contrario.[1]

Un home lhotshampa cunha tarxeta de identidade de cidadanía butanesa.

Linguas editar

O pasaporte contén texto en inglés e dzongkha (escrita tibetana).[2]

Notas editar

  1. "Council of the European Union - PRADO - BTN-AO-01001". www.consilium.europa.eu. Consultado o 6 de agosto de 2019. 
  2. James Minahan (1 de decembro de 2009). The complete guide to national symbols and emblems. Greenwood Press. ISBN 978-0-313-34498-5. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar