Partido Froilanista

organización satírica galega

O Partido Froilanista é unha organización satírica galega que se fundou o 2 de xuño de 2014[1], día en que Xoán Carlos I de España anunciou a súa abdicación no seu benxamín Filipe, Filipe VI, facendo valer a Lei sálica.

Partido Froilanista
Logo
Tipoorganización
Data de fundación2014
SedeGalicia
PaísGalicia
Na rede
Facebook: partido.froilanista Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Os membros do Partido Froilanista consideraron un agravio que non fose sucesora do monarca a súa primoxénita Elena. Por iso decidiron auto-organizarse e constituírse como partido político[Cómpre referencia] comprometéndose coa reconquista dos dereitos usurpados ó Reino de Galiza. No trono de Galiza pretenden colocar a Froilán de Marichalar y Borbón, fillo da Infanta Elena de Borbón (A "Raíña Rexente"), que pasaría a reinar como Froilán III de Galiza e I de Begonte.[2]

Entre as reivindicacións do Partido Froilanista atópanse o traslado da capital do Reino de Galiza a Lugo, pois foi historicamente a capital do Reino; o galego como lingua oficial en todo o Reino, a reinstauración do matriarcado e a recuperación das fronteiras do ano 456 baixo a coroa do rei Requiario, onde o Reino de Galiza chegara ata as portas do Algarve, Andalucía, Castelló e Cataluña.[3]

Notas editar

  1. "Surge el Partido Froilanista y convoca una “lúdica reunión” para exigir el trono para Froilán". El Ideal gallego (en castelán). Consultado o 2018-04-29. 
  2. "Partido Froilanista". www.facebook.com. Consultado o 2018-04-29. 
  3. "O que queremos". Partido Froilanista. Consultado o 2018-04-29.