Partido Carlista del Reino de León

(Redirección desde «Partido Carlista del País Leonés»)

O Partido Carlista do Reino de León (en leonés Partíu Carlista'l Reinu de Llión; en castelán Partido Carlista del Reino de León) é a federación local do Partido Carlista nas provincias de Salamanca, Zamora e León. Ten unha relación de tipo federal co resto de federacións do Partido Carlista. Nas eleccións xerais de 2008 presentouse na provincia de Salamanca obtendo 270 votos ao Congreso dos deputados (0,11%),[1] mentres que o seu candidato ao Senado obtivo 288 votos (0,12%).[1]

Partido Carlista del Reino de León
Logo
Tipopartido político español
PaísEspaña
Na rede
http://www.partidocarlistadeleon.3a2.com
editar datos en Wikidata ]

Ideoloxía editar

Como o partido no que se integra, ten unha liña política de esquerda alternativa, socialista autoxestionaria foralista e confederalista, tendo como aspiración conseguir a configuración confederal das Españas na que se integraría un Estado leonés que, ao igual ca o resto de pobos españois se federaría mediante un pacto libre e voluntario buscando establecer unha "sociedade libre, democrática e socialmente xusta".

Leonesismo editar

O Partido Carlista foi un dos convocantes da primeira manifestación pola autonomía do denominado País Leonés o 18 de marzo de 1978.[2] Como partido leonesista, o Partido Carlista do Reino de León propulsa a consecución da autonomía do antigo Reino de León integrado polas provincias de Salamanca, Zamora e León. Ademais defende a protección e a oficialidade da lingua leonesa.

Tras aprobarse recentemente o novo Estatuto de Autonomía de Castela e León opúxose rotundamente a el, cualificándoo de "burla" e acusándoo de que non trae ningunha mellora aos obreiros leoneses (...) nin traerá un benestar para eles nin un emprego de máis calidade nestes momentos de precariedade laboral, tampouco favorecerá ás bisbarras rurais leonesas na súa loita por un futuro e contra o despoboamento, e por suposto, segue virando as costas ao pobo leonés con respecto a recuperar o seu histórico autogoberno.".[3] Do mesmo xeito manifestouse contra a liña de alta tensión Sama-Velilla ou a favor da creación do hospital comarcal de Benavente, a reapertura das vías de tren: a vía da Prata e a liña de La Fuente-Barça d'Alva.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar