Parque eólico experimental Sotavento

parque eólico galego

Coordenadas: 43°20′31″N 7°51′42″O / 43.3419, -7.86169

O parque eólico experimental Sotavento é un parque eólico propiedade da Fundación Sotavento Galicia, situado na Serra da Loba a 10 km ao sur das Pontes de García Rodríguez, entre os concellos de Xermade (provincia de Lugo) e Monfero (provincia da Coruña), a unha altitude de 600–700 m.

Funcións editar

 
Demostración práctica.

O parque de Sotavento ten a súa orixe en 1997 como parque eólico experimental, ten como obxectivo a difusión e experimentación de tecnoloxías eólicas e enerxéticas.

  • Promoción, difusión, formación, fomento e debate de tódolos aspectos relacionados coas enerxía renovables.
  • Realización de probas e investigacións de tecnoloxía en enerxías renovables.
  • Dar a coñecer a importancia do aforro enerxético.
  • Iniciativas que dean a coñecer as enerxías renovables en particular a enerxía eólica.
Datos técnicos
Número de aeroxeradores 24
Tecnoloxías presentes 5
Máquinas diferentes 9
Potencia nominal do parque 17,56 MW
Xeración anual prevista 38.500 MWh
Liña de 9 km ata a subestación de Mourela, de Unión Fenosa a 132 kV
Ventos predominantes do SO ou NE
Velocidade media anual de ±7 m/s

Función educativa editar

Dende 2002 Sotavento e as súas instalacións son exposicións educativas permanentes. Hai visitas guiadas de estudantes e persoas interesadas en coñecer as enerxías alternativas.

En 2005 iniciouse un proxecto con Gas Natural e a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia para a obtención de hidróxeno construíndo no parque unha planta experimental de obtención de hidróxeno a partir da electricidade eólica.

En 2009 iniciou un proxecto de vivenda de máxima eficiencia enerxética construíndo unha vivenda unifamiliar duns 200 m² no propio parque de Sotavento onde se poden ver en funcionamento as tecnoloxías dispoñibles[1].

En decembro de 2012 o parque acadou as 200.000 visitas nos 10 anos que leva en funcionamento[2].

Notas editar

  1. http://www.sotaventogalicia.com/area_tecnica/galego/py_vivienda_bioclimatica.php Arquivado 17 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. Eficiente da Enerxía na Edificación ENVITE
  2. Palacios, Xosé María (16/12/2012). "Sotavento alcanza las 200.000 visitas" La Voz de Galicia (en castelán).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar