Monte da Guía

monte en Teis (Vigo)
(Redirección desde «Parque da Guía»)

Coordenadas: 42°15′20″N 8°42′07″O / 42.255552777778, -8.7018166666667

O monte da Guía é unha elevación situada no lugar da Guía, na parroquia viguesa de Teis, a carón da ría de Vigo.[1]

O monte da Guía dende o monte do Castro.
Ermida da Nosa Señora da Guía, no cumio do monte.

Situación editar

Acada 128 metros de altitude. É un dos parques maiores da cidade. Desde o alto do promontorio hai unha vista bastante completa da cidade de Vigo, así como da ría, as illas Cíes, a cara sur da península do Morrazo e a ponte de Rande.

O monte da Guía está conectado co centro da cidade mediante o autobús urbano (liña 17).[2]

Historia editar

Antigamente, as mulleres dos pescadores subían a este monte para facer fogueiras e así poder orientar os seus maridos de regreso ao peirao.[1]

Patrimonio editar

Está coroada por unha pequena ermida erixida na honra da Nosa Señora da Guía e do Sagrado Corazón de Xesús[3], obra do arquitecto Manuel Gómez Román.[1]

Ata o ano 2000 estivo situada na súa ladeira máis protexida, cara ao mar, a Escola de Transmisións da Armada, localización militar que tivo relevancia na segunda guerra mundial, ó ser usada como lugar de aprovisionamento por submarinos alemáns, o que se evidencia nalgunha película bélica. Naquela época fíxose un túnel baixo o monte para que o tren chegase ás instalacións militares para levar provisións. Tempo despois, ó ser innecesario o transporte ferroviario, o túnel foi usado como almacén militar.

Na súa aba, hai pequenas praias como a da Lagoa ou a da Punta, e un paseo a través dunha senda botánica sinalada.[2] Conta cunha carballeira e distintas especies ornamentais de interese, entre as que ademais dos carballos, destacan os piñeiros.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Monte de A Guía". Turismo de Vigo (en castelán). 2012-10-15. Consultado o 2023-10-06. 
  2. 2,0 2,1 "A Guía - Concello de Vigo". hoxe.vigo.org. Consultado o 2023-10-06. 
  3. "Ermita de la Guía en Vigo". Galicia Máxica (en castelán). 2016-03-03. Consultado o 2023-10-07.