Parque Nacional Sangay

parque nacional de Ecuador

Coordenadas: 1°50′S 78°20′O / -1.833, -78.333

Parque Nacional Sangay
Marco Legal
Figura de Protección: Parque nacional
Ano de constitución: 1979
Superficie: 5.177,65 km²
Lexislación:
Datos de interese
País: Ecuador
Provincias: Morona Santiago, Chimborazo, Tungurahua, Cañar e Azuay
Concellos:
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O Parque Nacional Sangay é un parque nacional localizado nas provincias de Morona Santiago, Chimborazo, Tungurahua, Cañar e Azuay, en Ecuador. O parque contén dous volcáns activos (Tungurahua e Sangay), e un volcán extinto, El Altar (Kapak Urku). A altitude do parque varía dende os 900 até os 5319 metros por riba do nivel do mar, e contén unha ampla variedade de hábitats, incluíndo glaciares, paisaxes volcánicas, selvas tropicais, bosques nublados, zonas pantanosas, pasteiros, e unha das rexións máis grandes de páramos en Ecuador.[1] Contén 327 lagos que se alimentan du sistema de zonas pantanosas de 31,5 quilómetros cadrados.[1]

Parque Nacional Sangay
Volcán Sangay.
Parque Nacional Sangay en Ecuador
Parque Nacional Sangay
Parque Nacional Sangay
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Ecuador
Localización1°50′0″S 78°20′0″O / -1.83333, -78.33333
TipoNatural
Criteriosvii, viii, ix, x
Inscrición1983 (sesión VII)
Rexión da UNESCOAmérica
Identificador260

Debido á súa complexa xeoloxía e ecoloxía, así como pola súa biodiversidade, o parque foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 1983.[1] En 1992, foi engadido á Lista do Patrimonio Mundial en Perigo por mor da caza furtiva, a gandaría extensiva, a construción de estradas non planificadas e a invasión do perímetro do parque. Foi eliminado da lista de Patrimonio en Perigo no ano 2005.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Sangay National Park". UNESCO World Heritage Centre. United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 5 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar