Parque Nacional Oulanka
O Parque nacional Oulanka atópase no centro de Finlandia, nas rexións de Lapin Lääni e Oulun Lääni.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7a/FI-Oulanka_NP1.jpg/250px-FI-Oulanka_NP1.jpg)
Características
editarO hábitat predominante é a Taiga. Conta cunha superficie protexida de 20.100 hectáreas e foi fundado en 1.956.
Vexetación e fauna
editarExtensas superficies de bosque formadas por abetos, piñeiros e bidueiros. Existen importantes poboacións da orquídea (Cypripedium calceolus). Existen poboacións de oso pardo, lobo, glutón e alce. Entre as aves cómpre salientar o ferreiriño da Laponia e o pimpín real.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web oficial do parque (en inglés).