Parque Ferrol

Centro comercial en Ferrol

Coordenadas: 43°30′16″N 8°12′12″O / 43.50446, -8.20343

Parque Ferrol é un centro comercial de 20.000 metros cadrados situado no Boial, Ferrol. Foi construído por Santiago Sur Galicia e tivo un custo de 50 millóns de euros[1] .

Parque Ferrol

Parque Ferrol, O Boial.
Fundación7 de novembro de 2013
MatrizSantiago Sur Galicia
LocalizaciónO Boial, Santa Icía 15405 Ferrol, A Coruña Galicia Galiza
FundadorCarrefour
Persoas claveManuel Moreno, xerente.
IndustriaServizos
Beneficio80 millóns de euros (estimación)
Número de empregados600
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

O centro comercial foi construído a carón da autoestrada AP-9 en Santa Icía, preto do límite municipal con Narón. A nova zona do Boial foi urbanizada primeiramente cunha urbanización de chalés e máis tarde coas tendas de Media Markt ou Brico Depot.

A inauguración de Parque Ferrol tivo lugar o 6 de novembro ás 19:30 horas. Asistiron persoeiros do sector empresarial e representantes da vida política así como o sacerdote diocesano de Santiago de Compostela, José Manuel Guldrís, quen bendiciu o complexo[2]. O centro comercial inaugurouse con 18 tendas abertas[3].

Notas editar

  1. Romero, Lorena. Diario de Ferrol, ed. "Los operadores de Parque Ferrol prevén facturar 80 millones al año". Consultado o 7 de novembro de 2013. 
  2. Diario de Ferrol (ed.). "Inauguración oficial de Carrefour y la galería comercial de Parque Ferrol, que abren al público mañana". Consultado o 6 de novembro de 2013. 
  3. M.M. Diario de Ferrol, ed. "Parque Ferrol fue “maravillosamente arrollado” por el público en su estreno". Consultado o 12 de novembro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar