Os Parisii eran un pobo galo que vivía na actual rexión parisiense. Segundo César (53 a. de C.), a súa cidade principal (oppidum) sería Lutetia.

Un pobo celta da illa de Bretaña que leva o mesmo nome sería orixinario da tribo dos Parisii instalada en Galia. Instalouse no Yorkshire leste en Gran Bretaña na época da Idade de Ferro.[1]

ArqueoloxíaEditar

Esta cidade é por tradición localizada en París, mentres que o seu subsolo intramuros non achegou aínda mobiliario protohistórico desta época. Unha posible explicación a este enigma foi atopada recentemente. A favor das escavacións vinculadas á autoestrada francesa A 86, atopáronse en Nanterre pegadas dunha moi importante cidade protourbana (máis de 15 ha, ou sexa, o dobre da illa da Cidade (Île de la Cité) en París), con tumbas de guerreiros.

Os Parisii de GaliaEditar

 
Moeda de ouro (estatero de tipo filipo) no museo Carnavalet, museo adicado a historia de París.

A tribo gala dos Parisii instalouse na rexión no transcurso do século III a. de C. O primeiro pobo chamouse Loukteich, que significa "pantano" na lingua celta dos galos. Máis tarde a pequena cidade tomou o nome de Lucotecia e logo Lutecia.[2]

Durante a conquista romana de Galia, os Parisii participaron no movemento de resistencia a César organizado por Vercingétorix en -52. Os Parisii acuñaron moedas de ouro.

NotasEditar

  1. (en inglés) Os Parisii asentados na illa de Bretaña
  2. Bruno Dell, Histoire de Paris, collection des merveilles, Éditions Hatier, Paris : 1992.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • (en francés) Venceslas Kruta, Les Celtes, histoire et dictionnaire, éditions Robert Laffont
  • (en francés) Xavier Delamare, Dictionnaire de la langue gauloise, éditions Errance
  • (en francés) Pierre Hubac, Carthage, éditions Bellenand, 1952

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar