Metropolitans 92

(Redirección desde «Paris-Levallois Basket»)

O Metropolitans 92 é un equipo de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Levallois-Perret (Illa de Francia). Actualmente compite na LNB Pro A, a máxima categoría do baloncesto galo. Disputa os seus partidos como local no Palais des sports Marcel Cerdan, un pavillón con capacidade para 4.000 espectadores. Fundado no ano 2007 co nome de Paris-Levallois Basket, os seus maiores éxitos son un tíulo de Copa e outro do Match des Champions (Supercopa), ambos conseguidos en 2013.

Metropolitans 92
Información xeral
Liga Pro A / Eurocup
Fundación 9 de xuño de 2007
Historia Paris-Levallois Basket
(2007–2017)
Levallois Metropolitans
(2017−2019)
Metropolitans 92
(2019−presente)
Cores           Azul, dourado
Presidente Francia Boris Diaw
Adestrador Francia Vincent Collet
Patrocinador Idex
Localización
Cidade Francia Levallois-Perret, Francia
Pavillón Palais des sports Marcel Cerdan
Capacidade 4 000
Inauguración 1992
Campionatos
Copa 1 (2013)
Supercopa 1 (2013)
metropolitans92.com

Historia

editar

O club foi fundado no ano 2017 a raíz da fusión do Paris Basket Racing, equipo posuidor de catro títulos de liga da cidade de París, o Levallois Sporting Club Basket, de Levallois-Perret, un municipio da periferia da capital francesa. O club, que foi bautizado co nome de Paris-Levallois Basket, mantén toda a historia e títulos do Paris Basket Racing e o Levallois Sporting Club Basket.[1] O club comezou a súa andaina na LNB Pro A, máxima categoría do baloncesto galo, porén, en 2008 descendeu á LNB Pro B tras finalizar penúltimo na liga. O club volveu á máxima categoría en tan só un ano e desde aquela permanece nela. O seu mellor ano foi o 2013 cando conseguiron os títulos de campión de Copa e da Supercopa. O 5 de xullo de 2017, o equipo directivo decide mudar o nome do club a Levallois Metropolitans. O 4 de xullo de 2019, o ex-xogador da NBA Boris Diaw foi nomeado novo presidente do club, sucedendo a Jean-Pierre Aubry. Ese mesmo ano o club adopta un novo nome, Metropolitans 92.

Palmarés

editar
  • Copa de Francia
    • Campións (1): 2013
  • Supercopa de Francia
    • Campións (1): 2013

Temporada por temporada

editar
Ano Nivel Liga Pos. Copa Supercopa Europa
2007–08 1 Pro A 15º Fase de 32
2008–09 2 Pro B Rolda de 16
2009–10 1 Pro A Fase de 32
2010–11 1 Pro A 13º Rolda de 16 3 EuroChallenge FC
2011–12 1 Pro A Fase de 32 Cuartos de final
2012–13 1 Pro A 12º Campión Semifinalista 3 EuroChallenge CF
2013–14 1 Pro A Cuartos de final Semifinais 2 Eurocup LR
2014–15 1 Pro A 11º Rolda de 16
2015–16 1 Pro A 14º Rolda de 16
2016–17 1 Pro A Rolda de 16
2017–18 1 Pro A 10º Semifinalista 2 Eurocup LR
2018–19 1 Pro A 12º Semifinais
2019–20 1 Pro A Cuartos de final
2020–21 1 Pro A Cuartos de final 2 Eurocup CF
2021–22 1 Pro A Cuartos de final 2 Eurocup CF
  1. "L’histoire des Levallois Metropolitans" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2020. Consultado o 8 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar