Paratebueno
Coordenadas: 4°22′31″N 73°12′47″O / 4.37528, -73.21306
Paratebueno é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia de Medina, a 211 km de Bogotá. A cabeceira municipal atópase a unha altitude de 256 ms.n.m., e ten unha temperatura media anual de 27 °C.
Paratebueno | |||
---|---|---|---|
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Cundinamarca | ||
Rexión | Medina | ||
Xeografía | |||
Altitude | 256 msnm | ||
Superficie | 883 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 7 726 (2015) | ||
Xentilicio | Paratebonense | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Elkin Javier Parra Pedraza (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Paratebueno é un dos dous concellos do departamento de Cundinamarca que se atopan no piedemonte llanero, xunto con Medina. Paratebueno forma parte da Ruta Turística Piedemonte Llanero e atópase sobre "La Marginal de la Selva", unha importante vía nacional que percorre a Orinoquia colombiana.
LímitesEditar
Paratebueno limita polo norte co concello de San Luis de Gaceno (Boyacá) e Santa María (Boyacá), polo sur co concello de Cumaral (Meta), polo leste cos concellos de Cabuyaro e Barranca de Upía (Meta) e polo oeste cos municipios de Medina (Cundinamarca) e Ubalá (Cundinamarca).
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paratebueno |
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficialArquivado 03 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)